Venres. 04.10.2024
El tiempo

O Fisober disfrutou, con premio, da súa primeira experiencia internacional en Portugal

O Fisober disfrutou, con premio, da súa primeira experiencia internacional en Portugal
Leti do Fisober foi nomeada a mellor porteira da Taça Ibérica Leti foi nomeada a mellor porteira da Taça Ibérica

Que mellor que pechar o ano cunha viaxe en equipo, a disfrutar do primeiro torneo internacional. A familia do Fisober pechou a tempada na localidade de Lagoa no Algarve portugués, disputando a Taça das Naçoes- VIII Women´s Futsal Nations Cup, que se celebrou entre o 17 e 19 de xuño. Unha gran experiencia para o clube, na que acadou o 6º posto, trouxo consigo tamén o premio de mellor porteira do torneo para Leti, que foi celebrado coma de un título se tratase polas súas compañeiras, e sobre todo moitas vivencias para recordar toda a vida.

A expedición estivo composta polas xogadoras Leti, Nuriña, Laura, Ana, Mai, Inés, Myrella, Noe e Paula Fandiño, incluso algunha delas despois de viaxar toda a noite do xoves ao saír de traballar para poder disputar o primeiro partido na mañá do venres. Unha pena que non poidera viaxar todo o plantel pero compromisos académicos e lesións impedírono.

Familia do Fisober en Portugal

Unhas xaponesas de gran nivel

Fisober cas xaponesas na Taca Iberica Fisober cas xaponesas na Taca Iberica

Debutaba o Fisober na mañá do venres 17 fronte o Arco Iris Kobe, e o campión xaponés foi moi superior as costeiras, era un equipo doutro nivel como amosou posteriormente na final na que lle puxo as cousas moi difíciles ó Atlético de Madrid. O resultado foi 8 a 1 a prol das xaponesas e o gol do Fisober foi obra de Inés, a única xogadora que foi quen de marcarlle as xaponesas no torneo xunto co At. De Madrid.

Para a xornada da tarde quedaba o enfrontamento fronte o A.C.D. Castanheira de Portugal, nun partido moi igualado que non se decidiu ata o último minuto, finalmente a vitoria foi para as portuguesas por 3 a 1, o gol costeiro foi obra de Nuriña.

O sábado 18 chegaba o último partido do grupo fronte o Pro5Ladies inglés con vitoria de 4 a 0 para as costeiras, con 2 goles de Inés, e un de Ana e Paula Fandiño. Con este resultado o Fisober clasificábase para disputar o partido polo quinto posto.

Na mañá do domingo 19 o Fisober enfrontábase ó Povoa Futsal Clube portugués polo quinto posto. No mellor partido das costeiras no torneo e no que solo a mala sorte as apartou da vitoria, finalmente caían por 1 a 0 cun gol de rexeite, co que finalmente se tiñan que conformar co sexto posto.

O cadro de honra do torneo finalmente quedou co At. Madrid coma campión, o Arco Iris Kobe como segundo clasificado e o Inter Media Service ucraíno coma terceiro clasificado.

A mellor porteira, unha costeira

Pero a maior ledicia da xornada quedaba para o final cando a organización decidía que a mellor porteira do torneo era a porteira do Fisober, Leti. O seu gran torneo, xunto ca súa gran actuación fronte o Arco Iris Kobe a pesares do resultado foi decisiva para o premio. Co cal unha xogadora dun clube tan humilde coma o Fisober compartía honores con Leti Sánchez do Atlético do Madrid que foi declarada M.V.P. do torneo e con Ju Delgado tamén do Atlético de Madrid que foi a máxima goleadora do torneo.

Foto de Familia da Taca Iberica de FSF co Fisober

Crónicas da temporada Fisober

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios