O Fisterra, xa campión, e Os Miúdos, xogarán a Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
07:09 23/03/17
Fisterra, campion da Liga Cadete 2016-2017
Mellor non puido ser a festa fisterrán do título da 1ª Cadete. En Cee, no campo do eterno rival, e celebrando o título e o pase á Fase de Ascenso á Liga Galega, acompañados ademais pola gran afección dos Rapacollóns. Unha Fase na que estarán acompañados polo equipo dos Miúdos, que tamén a falta de 2 xornadas para o remate, asegurouse vencendo en Coristanco o pase xa que o Outes aínda ten unha xornada de descanso.
Os cadetes dos Miúdos tamén xogarán a Fase de Ascenso
Un título esperado
Gol do Fisterra Cadete en Cee Xa veñen avisando nos últimos tempos os fisterráns. O ano pasado quedaron 2º tanto en cadetes como en infantís, só por detrás do Corme e dun Dumbría que acaba ascendendo a Liga Galega Infantil. Hai dous anos, esta mesma fornada xa quedara a só 2 puntos de todo un Xallas na liga infantil. Este curso, e aínda cun partido por diante, SD deixa uns números fantásticos, con só 3 derrotas en 23 partidos, demostrando ser un equipo tremendamente goleador: 152 goles a favor e 38 en contra. Na sala de máquinas estiveron Fran e Jose María Senra, comandando un barco no que cada un dos rapaces é importante. Un equipo con só 12 cadetes (con Mateo lesionado dende novembro), e moitos infantís remando para facer posible este título. O Fisterra Cadete celebrando o titulo cos Rapacollóns en Cee Pero o certo é que sobresaen varios nomes, como fan na táboa de goleadores. Aí está Isaac Fábregas, que sumou 48 goles en 22 partidos, polos 39 do seu compañeiro Ezequiel. Na parte dos goleadores tamén atopamos a Miguel Trillo, con 23, e a Diego Estévez con 18. O lesionado Mateo con Isaac Fábregas celebrando o titulo do Fisterra Fran e Senra, adestradores do FisterraPendentes dos Infantís
Quedan 5 xornadas nos Infantís pero a cousa está moi interesante por arriba. O Cee manda con 70 puntos, polos 67 do Outes, e haberá tensión ata o final pois na última xornada… Cee-Outes no San Paio de Refoxos.Máis información
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.