Martes. 10.09.2024
El tiempo

O Fútbol Base pásase ao sistema binario

O Fútbol Base pásase ao sistema binario
Torneo de Futbol Base Costa Bergantina 2016-chove Un partido do Torneo de Futbol Base do ano pasado de Cabana

30 clubs galegos estiveron representados na reunión do pasado luns na Federación Galega de Fútbol, para tratar asuntos sobre o fútbol base. Era a primeira vez que a Federación facía unha convocatoria así de aberta, pero alí non estivo representado ningún club nin entidade do Fútbol da Costa.

reunion-do-futbol-base-da-federacion Reunión na Federación sobre o Fútbol Base

En todo caso, era unha reunión importante para intentar corrixir sucesos como as abultadas goleadas que só serven para violentar o que debe quedar como un xogo.

Hai varias propostas sobre a mesa e parece que a idea é conxelar resultados a partir dunha determinada diferencia de goles. E mesmo poderíase realizar mediante un sistema de puntuación “binario”, é dicir, divindo o tempo do partido en tres cuartos, e que cada cuarto só poida quedar 0-0, 1-0 ou 0-1, conforme só se podería chegar a unha vantaxe de 3 tantos. Unha práctica que se está facendo no mundo do hoquei.

Hai máis cousas que se farán en breve, como anular a loita polo pichichi, adaptar os tempos de xogo ás categorías (agora mesmo duran o mesmo os partidos desde Biberóns ata alevíns de fútbol 8), controlar o acceso de pais e público en xeral ás actas dos partidos, ou autorizar xa a partir de xaneiro ós árbitros a suspender un partido no caso de insultos graves que parten do público asistente.

Agora hai un Comité de Fútbol Base que estudiará as propostas, porque evidentemente hai que tomar medidas.

Fonte

Comentarios