xoves. 01.05.2025
El tiempo

O fútbol da Costa é X

O fútbol da Costa é X
Tódolos representantes de Preferente e Primeira empataron os seus encontros, mentres que na Segunda hai catro equipos empatados na cabeza da táboa O Louro caeu na casa co San Lorenzo - Foto: Edu Olveira O Louro caeu na casa co San Lorenzo - Foto: Edu Olveira Expediente X, apto para menores. Así podería clasificarse o fútbol da Costa da Morte, que nunha atípica xornada deixou unha bagaxe coma o chiste dos cero grados (nin frío nin calor). Neste caso sería nin tristeza nin ledicia extrema, xa que ningún dos representantes de Preferente e Primeira perdeu… pero tampouco venceu. E non menos curiosa é a situación que deixa a Segunda. Tocaba derbi histórico na máxima categoría autonómica, con Soneira e Sofán enfrontándose por primeira vez a este nivel. Non defraudou un partido intenso, de distancias curtas e con alternativas. Lembrou ás grandes tardes que xa deixaran ambos hai uns meses unha categoría máis abaixo.O Xallas, pola súa banda, sacou un máis que meritorio empate cun Paiosaco chamado a loitar por obxectivos ambiciosos. O da Primeira xa resultou algo máis de traca. Zas e Dumbría, que poden presumir de ter aos mellores goleadores da competición, quedaron sen anotar nas súas visitas a Val do Ulla e Silleda, aínda que polo menos lograron acadar algo positivo. Maratoniano resultou o duelo de Ara Solis entre Fisterra e Outes, máis longo que unha superproducción e con final feliz para os visitantes, que xa se facían á idea de marchar sen peixe na red. Por outra banda, o tempo parece darlle a razón aos que falaban dunha incierta Liga da Costa, aínda que seguro que non agardaban que ata este extremo. Catro conxuntos igualados na cabeza e tres dos que lideraban (Baio, Castriz e Cerqueda) levaron paus similares. A nova da semana é, ademais, a primeira vitoria dun Laxe que disfrutou dun bendito epílogo en Cee, cando o Unión estaba a volcarse. Asume o papel de comandante en xefe o Corme, cómodo no derbi co Cerqueda. No escalón máis modesto o Muxía segue a ser doutro nivel, con pleno de éxitos aumentado e só perseguido por un Ameixenda que medra e medra. Os ceenses sacaron adiante unha durísima visita a Nantón e ameazan con que o seu retorno a Terceira sexa brevísimo.  

PreferenteNorte, xornada 9

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 7

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 7

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 6

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 4

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 6

LigaGalega Cadete, xornada 6

1ªCadete, xornada 3

LigaGalega Infantil, xornada 6

1ªInfantil, xornada 5

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios