xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil

O Fútbol da Costa encheu o Eleuterio Balayo para disfrutar da Selección Xuvenil
Imaxe do choque no Eleuterio Balayo Imaxe do choque no Eleuterio Balayo Impresionante a resposta dos afeccionados da comarca muradá ante un dos Partidos Solidarios que organizan Os Miúdos, coa colaboración da Federación Galega de Fútbol este Nadal. Cheo total malia o desapracible da tarde-noite en Muros, con néboa e choiva. Cumpríronse con fartura os obxectivos do partido solidario que enfrontou a unha selección xuvenil da Costa e a selección galega sub16, que a próxima semana disputará o Campionato de España en Cantabria. Cheo total nas gradas, quilos de alimentos para Cáritas de Muros e partido moi disputado e emocionante entre os dous equipos. Moi positiva foi a recollida de alimentos Moi positiva foi a recollida de alimentos

Selección Xuvenil da Costa - Selección Galega sub-16 (3-2)

  • Campo: Eleuteiro Balayo.
  • Xuvenís da Costa: Koke; Simón, Rachón, Chema, Andrés, Adrian, Xabi, Jaime, Juan de Dora, Juan de Selia e Raúl. Tamén xogaron: Iván Baña, Brandon, José, Marcos Mouro, Brais, Xian e Gabri.
  • Galicia sub-16: Mateo; Rubén, Andrés, Carracelas, Gabín, Julián Nieto, Borja Pita, Raúl Dacosta, Ferradás, Iker e Paulo. Tamén xogaron: Lago, Civile, Pablo Brea, Pablo Fraga, Mosquera, Raúl Blanco e Aldán.
  • Goles: 1-0, m.24: Juan de Selia; 2-0, m.57: Brandon; 2-1, m.66: Julián Nieto; 2-2, m.72: Iker; 3-2, m.78: Paulo.
Aínda que o resultado neste tipo de encontros é o de menos, os afeccionados que se deron cita no Eleuterio Balayo gozaron co xogo e a entrega dos dous equipos, con accións de gran calidade e unha selección galega que nos último minutos volteó o marcador, alcanzando a vitoria a falta de dúas para a conclusión do choque. O combinado costeiro, escollido e dirixido polos adestradores de Os Miudos xuvenil (con só 3 equipos que non eran das Ligas locais, e máis xogadores da zona sur para fomentar a presencia de afeccionados da zona, e tamén con algún despiste na convocatoria), mostrou moi bos xeitos malia ser a primeira vez que moitos deles xogaban xuntos, e a achega de Marcos Mouro e Juan de Dora, únicos futbolistas en categoría superior á Liga da Costa, foi importante para contrarrestar o maior ritmo de xogo dos futbolistas da selección sub16, que ao final sería o que decantase o duelo. O traballo levado a cabo polo presidente de Os Miúdos, Vinto Tajes, e a súa directiva viuse altamente recompensado coa asistencia de afeccionados e o bo nivel exhibido polos dous combinados, acompañado pola colaboración do Concello de Muros, asistindo ao encontro a alcaldesa da localidade e o concelleiro de deportes, así como pola colaboración mostrada pola Federación Galega de Fútbol, que estivo representada polo seu vicepresidente, Juan Luís Villamisar. Os membros da FGF e da selección quedaron encantados co trato da xente dos Miúdos, e eses fantásticos pinchos cos que despediron a noite muradá. A seguinte cita será o sábado 24, ás 12:00h, entre os cadetes dos Miúdos e unha selección dos adestradores muradáns.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios