mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Fútbol da Costa lembra a Abdu

O Fútbol da Costa lembra a Abdu

Emotivas citas esta fin de semana para lembrar a Abdu. O venres, na Coruña, Lema Suárez e Chema Rei quixeron lembrar ao senegalés. E na mañá deste sábado 30 de abril, disputouse o I Memorial Abdoulaye Fall Seck, un evento que organizou a Asociación Deportiva Vidú en colaboración co Corme CF e o Muxía FC para recordar ao neno senegalés que faleceu a pasada semana durante o descanso do encontro que disputaba o seu equipo ante a SD Fisterra.

O cadro local enfrontouse a un combinado costeiro da categoría cadete.

Muxía FC - Selección da Costa (3-5)

Memorial Abdoulaye Fall Seck-Foto-DC Memorial Abdoulaye Fall Seck-Foto-DC
  • Muxía FC: Jesús, Louzán, Xan, Sebas, Gusa, Fidalgo, Iván, Santi, Rodri, Marcelino e Cheo. Tamén xogaron: Roi (PS), Pablo, Iago, Lucas, Adrián, Manuel e Alpha (irmán de Abdoulaye).
  • Selección da Costa: José Carlos (UC Cee), Constantin (Sp. Zas), Joel (Outes FC), Álvaro (Outes FC), Manu (Ponteceso SD), Mouhssin (Ponteceso SD), Eloy Villar (Corme CF), Mohedano (CD Baio), Edgar (Soneira SD), Miguel (ED Os Miudos) e Josiño (ED Os Miudos). Tamén xogaron: Elian (Xallas FC), Lucas (Corme CF), Álex (SD Esteirana), Iago (CD Baio), Xulián (UC Cee), Brais (SD Fisterra), Iker (SD Coristanco), Christopher (SD Fisterra), Bieito (Cabana SD), Nacho (SD Sofán), Flavio (ED Os Miudos), Eloy Cabeza (SD Sofán), Fran (SD Esteirana), Christian (Sp. Zas), Diego Castro (SD Coristanco), Castro (Cabana SD) e Álex (Soneira SD).
  • Goles: 0-1 m.2: Eloy Villar cun disparo dende a frontal; 1-1 m.4: Cheo cun disparo cruzado; 2-1 m.15: Roi róuballe a carteira a defensa e supera a José Carlos no man a man; 2-2 m.27: Miguel supera a Roi no man a man; 2-3 m.30: Edgar cun disparo cruzado; 3-3 m.50: Rodri supera a Elian no man a man; 3-4 m.65: Flavio cun disparo dende a frontal; 3-5 m.74: Nacho á saída dun córner.
Memorial Abdoulaye en Arlina

Uns 300 espectadores, entre os que se encontraban o pai e os irmáns de Abdoulaye, asistiron á cita. Antes do comezo do encontro, o pai de Abdoulaye recibiu de mans de Gusa, capitán do Muxía, un cadro cunha foto do seu fillo. Ademáis de gardarse un minuto de silencio, o partido detívose no minuto 6 (dorsal co que xogaba Abdoulaye) para que unha gran ovación fixese tremer o municipal muxián en recordo ao xogador senegalés.

Tardou en chegar o colexiado e o presi muxián, Felipe Vilela, colleu o silbato. Adiantaríase moi pronto o combinado dirixido por David Castro cun gol do cormelán Eloy Villar dende a frontal do área, pero os de Luis Romaní non tardarían en darlle a volta ao marcador con dous tantos de Cheo e Rodri. Antes do descanso, o combinado costeiro aproveitaría uns minutos de páxara dos muxiáns para poñer o 2-3 no instantáneo grazas a dous tantos de Edgar e Miguel.

No descanso do encontro, realizouse o sorteo dunha camiseta de Pablo Álvarez do New York City, unha do Deportivo, unhas botas de David Villa e unhas do deportivista Luisinho co que se recaudaron un total de 700€ que irán destinados para a repatriación de Abdoulaye ao seu país natal.

Á volta dos vestiarios, un activo Rodri, que foi do mellor dos locais, faría o empate a tres goles logo de superar a Elian no man a man. Tras esto, os visitantes levarían o peso do partido e o muradán Flavio e o sofanista Nacho poñerían o definitivo 3-5, pero antes do pitido final, Alpha, irmán de Abdoulaye, a piques estivo de adicarlle un gol ao “6” muxián pero un defensa salvaría in extremis o gol do cativo senegalés.

Tralo remate deste emotivo encontro, Martín Varela, en nome da Asociación Deportiva Vidú, comprometeuse co clube muxián para que este evento se prolongase no tempo e seguir recordando a Abdoulaye cun evento deportivo que se celebrará anualmente no Municipal de Arliña.

 

Homenaxe na Coruña

Lembrando a Abdoulaye na Coruna Lembrando a Abdoulaye na Coruña

O futbolista cadete do Muxía C.F., Abdoulaye Fall Seck, tamén foi recordado ó principio da presentación do libro "50 anos da historia do fútbol da Costa" na Coruña, nun acto organizado pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia que preside Felipe-Senén López. Gardouse un respectouso minuto de silencio na súa memoria, cos asistentes postos en pé. Unha vez máis a "gran familia do fútbol da Costa" sente como propias as desgrazas acontecidas no seo dun dos clubs. Na foto, os autores do libro (Xosé María Lema Suárez e Chema Rei) e os presentadores, Felipe-Senén e Xurxo Souto, no momento en que se anuncia este minuto, coa imaxe do futbolista falecido na pantalla.

 

Novas relacionadas

Fonte
  • A.D. Vidú e Corme CF.
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios