Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro

O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro
Cerqueda de Veteranos O Cerqueda é un dos 5 equipos que o Concello de Malpica ten nas Ligas de Veteranos Preparando os calendarios do curso, temos notado unha circunstancia ben curiosa, que reflicte perfectamente a situación demográfica da Costa da Morte. No fútbol base malpicán, atopamos apenas 1 só equipo, o equipo Infantil do SCD Malpica (que por certo se estrea este ano, aínda pendente do calendario). Pola contra, atopamos 9 equipos para as competicións adultas. En categoría de modestos, Malpica ten 3 equipos na 2ª Autonómica (SCD Malpica, UD Cerqueda e SCD Buño), 1 equipo na 3ª (Sporting Seaia). E ollo, que o Concello malpicán conta 5 equipos na 2ª División dos Veteranos. Malpica, Buño, Cerqueda, Seaia e Leiloio demostran a cantidade de futbolistas maiores de 30 que hai no municipio malpicán, que contrasta radicalmente cos poucos equipos que hai na base. Así e todo, dende o Concello de Malpica están a traballar para mellorar esta circunstancia. Dende a Concellerría de Deportes que dirixe Iago Espasandín, están fomentando que as Escolas Municipais teñan saída a través dos clubs do Concello. Así, se xa está o SCD Malpica Infantil en marcha, tamén o están sendos equipos en Benxamín e Alevín do SCD Buño e da UD Cerqueda. Con iso non queremos dicir que non haia cativos malpicáns xogando ao fútbol. De feito, moitos equipos da contorna, como Ponteceso, Cabana, Laxe, os equipos carballeses… contan nas súas filas con moitos rapaces malpicáns nas súas filas.

Fonte

Comentarios