O “Jalo-ven” do Muxía CF, con bigote polo cancro de próstata
07:51 28/10/17
”En Muxía fasemos as cousas cando nos dá a jana”. Así de claro o teñen na vila da Barca, e máis nese Muxía CF que está destacando na súa volta á Liga da Costa. Teñen preparado unha boa festa para o vindeiro sábado 4 de novembro, co I Trofeo “Javo-Ven”, con fins solidarios, con ocasión da ponte de Samaín.
O novo Arliña acollerá un choque entre un equipo muxián formado por ex xogadores, veteranos, corpo técnico, torcebotas varios e adestradores contra os Veteranos do Soneira SD.
Como nota divertida, todos os xogadores lucirán un simpático mostacho, facéndolle un guiño ao Canco de Próstata que se celebra cada ano o 11 de xuño. Así, o recadado irá para o Asociación Española contra o Cancro.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).