mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Judo Club Bergantiños volve da Coruña con 3 medallas e grandes sensacións

O Judo Club Bergantiños volve da Coruña con 3 medallas e grandes sensacións
3 medallas para o Judo Club Bergantinos en Coruna

Esta fin de semana celebrábase na Coruña o 37ª Edición do Campionato Liceo La Paz de Judo. Alí estivo o Judo Club Bergantiños, que volveu con 3 boas medallas.

En categoría alevín, Naira Blanco, logo de 5 combates moi duros, conseguiu a medalla de prata tras caer na final pola mínima.
Tamén en alevíns, Raúl Tarrío alzouse ca medalla de prata logo de 2 combates, un gran resultado que seguro que lle serve para seguir motivado.

En categoría cadete Adriana Lema, que xa nos ten afeitos vela subida ao podium, nesta ocasión logo de tres combates, conseguiu a medalla de bronce que lle serve para seguir collendo experiencia para afrontar a tempada que vén con grandes expectativas.

Ademais, a familia segue medrando. Esta foi a primeira competición para Nicolas Añón, que, xunto con Borja villar, non tiveron tanta sorte e quedaron nun 7º posto, pero seguro que en próximas citas darannos unha alegría.

3 medallas para o Judo de Bergantinos

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios