O Judo Club Bergantiños volve de Marín cunha prata


Tiña lugar en Marín esta pasada fin de semana o Campionato Galego Cadete de Judo. Alí estivo o Judo Club Bergantiños, representado por tres dos seus deportistas. E non foi nada malo o balance co que voltaron a casa.
Leandres Cedrich conseguiu un bo 5º posto perdendo o combate polo bronce, pero deixou unha moi boa impresión na competición.
Adriana Lema tamén conseguiu un 5º posto e aínda que nos ten afeitos ás medallas esta vez non puido ser.
Desta volta tocoulle a Martín Reis Regueira subir ao podio, xa que conseguiu alzarse co subcampeonato, a medalla de prata. A mala nova é que quedou ás portas da clasificación para o Campionato de España en Valencia dentro de dúas semanas.

Desde o club bergantiñán queren dar as grazas a todo o equipo que se involucra en que os deportistas estean o máis atendidos posibles e nas mans máis profesionais. Cómpre agradecer tamén á Agrupación Fiarbe polo seu esforzo.
Novas relacionadas
- O Judo Bergantiños e o DáFit/Dumbría triunfan nos Campionatos Galegos.
- O Judo Club Bergantiños continúa a súa exitosa pretemporada.
- O Club Cee Deportes de Contacto comeza nova tempada cunha ampla oferta deportiva.
- Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo.
- O xalleiro Fernando Baña, na elite do taekwondo galego.
- O carnotán Anxo Fernandez, recoñecido como Deportista Galego de Alto Nivel.