O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria
A mellor nova da xornada, sen dúbida, é a estrea do Lira FSF en partido oficial (despois da posta de longo no torneo de Ponteceso), na casa, e con vitoria. Unha gran nova para o fútbol costeiro, que ten un novo cadro que apoiar
Era o comezo da Liga Provincial, na que as lirachas compartirán táboa co Vila de Cee, Concello de Ponteceso e Fisober B. E se as ceenses e as pontecesás arrincaban con vitoria, as vimiancesas caían na casa.
Ademais, mentres o Fisober espera polo comezo da 2ª División Estatal (comeza o 4 de outubro), destacamos que a muxiá Patri estreou titularidade co Viaxes Amarelle na máxima categoría do fútbol sala feminino.
Liga Provincial, xornada 1
- Resultado: Concello de Carnota Lira FSF - Troula FSF (7-6)
- Goles: Maria Tobio, Alba Cambeiro, Sandra Dosil, Barbara Caamaño (2) e Leti Olveira para o Lira FSF. E Silvia Soto (4), Olalla Pacin (2) para o Troula.
Partido tolo o celebrado en Lamas (Carnota), que rematou cun marcador final de 7-6, máis propio dun partido de pretemporada. Empezaron as xogadoras dos dous equipos moi nerviosas, adiantouse rápido o Lira nun fallo defensivo do Troula. Este gol non fixo que as rapazas de Betanzos se viñeran abaixo, e cunha Noelia Regueiro inspiradísima foron quen de darlle a volta ao marcador en poucos minutos.
Co 1-2, o banquillo local, con Fran ao mando e Chucho facendo as labores de delegado e mesmo controlando todo, decide parar o partido, un tempo morto que cambiou a dinámica desta primeira parte, dous goles das locais facían que se chegara o descanso cun 3-2 que deixaba todo aberto para a segunda metade.
Arrancou forte o Troula que empatou nada máis saír da caseta. Pero encontro era un “correcalles” no que o Lira conseguía chegar os minutos finais cunha ventaxa de 7-4, gracias ao bo facer de Lia, a meta liracha. Cando parecía que co sétimo gol local o partido estaba resolto, dous goles en dous minutos das visitantes facian que os nervios se volvesen a instalar no Pavillón de Carnota. Aguantou o Lira as acometidas finais das rapazas de Betanzos e o marcador non se volveu mover.
Liga Provincial, xornada 1
- Resultado: Espartanas - FSF Villa de Cee (0-2)
- VILA DE CEE: FSF Carla, Sandra, Marta, Andrea, Alba, María Santos e Adriana.
- Goles: 0-1: Andrea; 0-2: Andrea.
Primeira Xornada de liga, e o F.S.F. Vila de Cee tócalle saír fora da casa, contra un dos equipos veteranos da categoría, As Espartanas F.S. o pasado Sábado 27 de setembro as 4 da tarde na Coruña.
Presentouse de saída o FSF. Vila de Cee con Carla na portería, Adriana , Alba , Maria de Dumbría e Andrea, e con tan so dous cambios no banquillo, Sandra e Marta, pois para a primeira xornada non puido presentar o total do equipo por causas de algunhas lesións propias da pretempada.
A primeira parte non tivo ningún dominador claro, ningún dos dous equipos conseguía intimidar a portería contraria, preocupándose ambos de manter a súa porta a cero e cerrando moi ben ámbolos dous en defensa, cun xogo bastante trabado e moitas faltas por parte de ambos equipos. Na segunda parte seguiu o mesmo guión, aínda que o FSF Vila de Cee intentou atacar algo máis ca na primeira parte o cal ocasionou que As Espartanas tivesen que empelarse mais a fondo e víronse obrigadas a cometer máis faltas o cal ocasionou que faltando 4 minutos para o final o equipo visitante dispuxese dun doble-penalti, que transformou Andrea no primer gol do partido. Faltando sa dous minutos nunha xogada afortunada marcou de novo Andrea para o Vila de Cee o definitivo 0-2, o cal supuxo a vitoria para as ceenses.
O reparto das estrelas para as do F.S.F. Vila de Cee, serán 3 para Andrea, pois empeza forte a temporada con dous goles , 2 estrelas para a porteira Carla, a cal estivo moi segura en todo o partido e 1 estrela para Sandra, pola súa loita en defensa.
Liga Provincial, xornada 1
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Ártabras Fene FSF (2-1).
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Carmen, Martina, Elsa e Cintia – tamén xogaron – Zeltia, Noa, Ana.
- Goles: 0-1.- Claudia (min 10); 1-1.- Cintia (min 20); 2-1.- Carmen (min 25).
Intenso partido o vivido a tarde do sábado no municipal de Ponteceso, que enfrontaba ó equipo local contra o recén formado Ártabras Fene. O partido comezou cos dous equipos esperando atrás, a ver que facía o contrario. Pero co paso dos minutos empezaron a animarse as pontecesanas, intentando chegar á portería rival. A piques estiveron de adiantarse no marcador, pero Martina non chegaba ó segundo pau rematar un bo pase de Cintia despois dunha xogada combinativa con Carmen. Cando parecía que non ían tardar en anotar as locais, chegáronlle uns minutos cheos de fallos que fixeron que as de ferrolterra se viñeran arriba, comezando a levar o peso do encontro.
Durante varios minutos foi un acoso continuo das visitantes e, nunha xogada, tras un erro de cobertura das locais, Claudia abría a lata para as visitantes cun tiro que non puido ataxar Salomé. A pesares de recibir o gol, non baixaron os brazos as pondalianas, e volveron a ter o control do xogo e xerar ocasións, como un tiro de Cintia que vai fóra por pouco. Pero no último minuto da primeira metade, Cintia ve á meta rival fóra da área e tira a portería, tiro que interceptou coa man Claudia, provocando un penalti e a súa expulsión. Co tempo xa rematado, era a mesma Cintia a que se encargaba de transformalo, levando ó equipo o vestiario coas táboas no luminoso.
O segundo período comezou coas xogadoras de Barca e Curro moi metidas no partido. Xa nos primeiros minutos se ían achegando á portería visitante e, no minuto 5 e tras unha dobre parede de Carmen e Cintia, Carmen poñía ó Ponteceso por diante no marcador cun remate no segundo pau. A partir de aí o partido estivo cheo de idas e voltas, cun equipo intentando sentenciar e co outro intentando non perder os puntos. Pero ata os últimos 5 minutos, nos que as de Fene saíron de 5 con Mavi, non chegaron as ocasións máis claras para ambos conxuntos. A boa defensa das pondalianas e a boa resposta da meta Salomé evitaron que as visitantes lle deran a volta ó marcador, sobre todo en 3 xogadas claras de gol que despexaba moi ben Salomé. Pero estas xogadas tiñan resposta das locais, que tamén tiveron oportunidades de sentencia-lo partido, pero Cintia por varias non conseguía que o esférico cruzase a liña de gol. E así chegou o final do encontro, co resultado de 2-1 e coas pontecesanas acadando os 3 primeiros puntos ante a súa afición e dando unha boa imaxe, tanto de xogo como de esforzo.
A próxima fin de semana o equipo pondaliano enfrontarase a un duro rival que nesta primeira fin de semana de competición descansou, será no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro o sábado 4 de outubro ás 16.00h ante o Grupo Work.
Liga Provincial, xornada 1
- Resultado: Fisober B - Cruces FSF (2-4).
- FISOBER B: Anabel, Tamara, Andrea Piroja, Laura e Andrea Muiño; Tamén xogaron: Paula Fandiño, Alejandra, Nuriña e Paula.
- Goles: 0-1 Ana, 1-1 Paula Fandiño, 1-2 Mónica, (descanso) 1-3 Ana, 1-4 Ana, 2-4 Paula Fandiño.
Este sábado en Vimianzo disputouse o primeiro partido de Liga para o filial do Fisober que rematou ca vitoria do Cruces, equipo debutante na categoría. Non foi un bo partido das locais no que cabe salientar que debutaron en partido oficial Andrea Muiño e a infantil Nuriña.
O partido arrancou con dominio local e cunhas visitantes esperando en media pista, prestas para saír en perigosas contras. Así apareceu algunha ocasión en ambas porterías pero máis froito de erros que de boas combinacións. Ata que medida esta primeira metade a visitante Ana aproveitaba unha contra para marcar o primeiro gol do seu equipo no partido e tamén na competición.
Comezaron os nervios nas xogadoras locais, que aínda así lograron igualar o partido cun lanzamento de Paula Fandiño que petou nunha xogadora visitante. Pouco lles durou a ledicia as locais, xa que unha nova contra visitante foi aproveitada esta vez por Mónica para facer o un a dous co que se chegou o tempo de lecer. A volta dos vestiarios o partido seguiu baixo os mesmos parámetros, as locais tentando igualar e as visitantes saíndo a contra. Pero de novo Ana mediada esta segunda metade desfixo as esperanzas locais, primeiro cun lanzamento lonxano e despois aproveitando unha serie de rexeites poñía no electrónico un desesperanzador un a catro . Un tempo morto local activou un pouco as súas , que comezaron a pechar as visitantes. A seis para o fin de novo Paula Fandiño acurtaba distancia.
As locais buscaron a igualada con máis corazón que cabeza nestes últimos minutos , aproveitando a nova reglamentación de Provincial no que os últimos cinco minutos de cada tempo son a tempo parado.Pero a pesares de que tiveron ocasións non foron quen de materializalas. En definitiva xusta vitoria visitante que leu perfectamente o partido ante un filial que debe traballar para mellorar.
Aniversario do Fisober
Recordar que o vindeiro sábado día 4 a partires das dez da noite no Pavillón de Vimianzo os membros da Peña Marea Nejra do Fisober organizan unha paellada con motivo do décimo aniversario do clube a cal invitan a tódalas xogadoras, ex – xogadoras e siareiros en xeral. Antes as sete poderán disfrutar do debut esta tempada en Liga Nacional do equipo fronte o Leganés. O equipo filial desprázase a Betanzos para xogar fronte o Troula con horario aínda por determinar.
Patri, xa é titular co Amarelle
Disputaba o Viaxes Amarelle FSF a 3ª xornada da Primera División Nacional de Fútbol Sala Femenino, en Exkaba (Navarra), pero acababa perdendo por un apretado 5-3 ante o Lacturale Gurpea Orvina, un rival directo por evitar o descenso. Pero polo menos puidemos ver á muxiá Patri xa no 5 titular. Paula tivo que esperar no banco.
Máis información
Novas relacionadas
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).