O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo
Unhas 225 persoas ateigaron o Pazo da Cultura carballés para a primeira xornada o I Congreso de Fútbol Concello de Carballo, organizado polo concello coa colaboración de QPC e Fútbol Táctico. Unha oportunidade única para os adestradores do Fútbol da Costa de aprender do primeiro nivel internacional. Se ben foron moitos os entrenadores da zona que non faltaron á cita, a organización contaba con moita máis presencia costeira.
Mónica Martínez era a encargada de abrir o acto. Coa súa impresionante presencia e saber contar, explicou os porqués para que pasen estes días por Carballo estas ponencias. Na mesa presidencial aos Alberto Pose, por parte de QPC, Juan Vila, de FT e director do Congreso, Manu Fernández, presidente do Comité Galego de Adestradores, e Evencio Ferrero, alcalde carballés, houbo que engadir a presencia dunha personalidade histórica para o noso fútbol. Vicente Miera, todo un campión olímpico, tivo a ben tomar o relevo de Tino Fdez. como Padriño do evento, e deu aínda máis caché a este congreso.
Despois da inauguración, tomaron a palabra, e o punteiro, Sergi Barjuan, mítico ex lateral do Barcelona que leva varios anos probando as tácticas de Cruyff. Paulo Noga deu unha charla espectacular debullando a política de formación do Oporto.
Houbo unha tolda de preguntas final para os inscritos, que quedaron con gañas de máis. Aínda quedan dúas completas xornadas de ponencias no Pazo da Cultura.
Mesa presidencial do I Congreso de Futbol Concello de Carballo Moitos adestradores no I Congreso de Futbol Concello de Carballo Foto de familia da primeira xornada do I Congreso de Futbol Concello de Carballo 2 Radio Coruña Cadena Ser fixo o programa dende Carballo(continuará)
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).