luns. 02.12.2024
El tiempo

O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol

O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol
O Manuela Rial subcampion galego de volei O Manuela Rial subcampión galego de volei

Que de alegrías está dando a canteira do deporte costeiro. Estes días falabamos dos títulos do Volei Dumbría, forxados na base do Colexio Manuela Rial. 10 dos 12 xogadores se proclamaron campións galegos sénior saíron da canteira ceense.

Esta pasada fin de semana volvérono demostrar, ademais, en dous deportes: o volei, por suposto, alcanzando o subcampionato galego; e o Fútbol Sala, conseguindo un campionato intercomarcal.

Subcampións galegos de infantís

O pasado domingo 1 de maio celebrouse no Pavillón do colexio de Calasancias na Coruña, o Campionato Galego de voleibol na categoría infantil masculina. As 10:00 empezaba a primeira semifinal entre o Manuela Rial Mouzo e o Emevé de Lugo. Os xogadores da Costa da Morte impoñíanse por 3-1 con parciais de 25-17, 25-20, 31-33 e 25-18 ante o gañador da liga regular. Na outra semifinal, o equipo anfitrión do Calasancias impondríase o equipo das Mariñas de Oleiros por 3-1 (25-20, 25-16, 22-25 e 25-13).

Na final disputada as 19:00 o Calasancias gañaría por 3-2 con parciais de 25-20, 24-26, 11-25, 25-17 e 15-10. O marcador demostra o apretado que estivo o partido, marcado polo acerto ó saque, sobre todo no tercer e cuarto set. Xa no tiebreak, o equipo costeiro chegaría por diante o cambio de campo por 7-8, pero finalmente o Calasancias, basándose nunha gran defensa, conseguirían darlle a volta o marcador e levarse o partido.

O equipo dirixido por Luis Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga, estaba formado por Xabi Larrañaga, Sergio Castro, Alex López, Esteban Domínguez, Nico Herrera, Adri Rodríguez e os benxamíns Tiago Fernández e Iago Larrañaga.

Este subcampionato galego daba a posibilidade de participar no Campionato de España en Castellón, pero finalmente non acudirán xa que para participar necesítanse un mínimo de 8 infantís e o equipo tan só conta con 6. Desta maneira o Club Voleibol Dumbría suma un novo éxito, tras os campionatos galegos xuvenís e senior, a espera do cadete que se disputará o vindeiro día 15 de maio.

 

Campións intercomarcais de futbol sala

O Manuela Rial campion intercomarcal de FS

O equipo infantil de futbol sala do Colexio Manuela Rial Mouzo quedou campión na intercomarcal celebrado este sábado en Noia ante o Outes por 10-1. O partido xa se puso de cara nos primeiros intres do encontro cando froito da presión exercidada sobre o equipo contrario acadaron una ventaxa de 3-0. Ainda cos de Outes reaccionaron marcando un gol os ceenses conseguiron ampliar o marcador e gañar con comodidade.

O equipo composto por Alex (porteiro), Xabi, Anxo, Dani, Sendón, López, Pablo e Anxo(Camariñas) clasificouse para disputar o dia 28 deste mes o provincial da categoría.

Novas relacionadas

Comentarios