O piloto costeiro Carlos Waldomar triunfa en Porriño e buscará o título da Xeral en Aldán

18:54 13/11/13

O pasado domingo dia 10, tivo lugar na localidade pontevedresa de O Porriño a penúltima proba do campionato galego de trial. O piloto da Costa, o carnotán Carlos Waldomar, despois dunha actuación desastrosa na carreira de Baiona, saíu con forza e con gañas para dar guerra entre as pedras no Porriño. E nunca mellor dito porque cando rematou a proba encontrouse ca sorpresa de que el era o gañador.