Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría abre a tempada con medalla

O Piragüismo Dumbría abre a tempada con medalla

Excelente debut do CDM Piragüismo Dumbría na Copa de España de Slalom que se disputou a pasada fin de semana no Campo de Slalom de San Miguel, en Irún (Guipuzcoa). O único clube coruñés que compite nesta competición, o costeiro, acadou por primeira vez subir a un podium de Copa de España. O fito foi logrado pola parella Iago Canosa - Marco Oreiro na categoría C2 Cadete, dentro dunha excelente fin de semana do clube dumbriés.

Superando os preliminares

A xornada de preliminares se presentaba cun día soleado e coa presencia de todos os palistas que se xogan a súa presencia nos xogos de Londres, o que encarecería un pouco a entrada na seguinte ronda, posto que os peches de control serían máis apretados. Mesmo así, todos os palistas do CDM Piragüismo Dumbría foron quen de superalo, destacando o 1º posto en preliminares do C2 de Marco e Iago, o 3º posto no seu debut coma Cadete de Iago Canosa nunha espectacular manga preliminar. Ademais, cómpre destacar os pases a semifinais dunha Laura Antelo que rendiu mellor ca nunca e de Marco Oreiro na canoa que aínda que non está na súa mellor forma, mostrou que vai por bo camiño colándose tamén nas semifinais.
Fóra quedaron, por moi pouco, o senior Aarón Rei e o tamén cadete Xabier Trigo, a apenas 2 e 3 postos respectivamente de colarse entre os semifinalistas. Iso sí, conseguiron entrar en control e aportar puntos ó equipo.

O sábado, o clube costeiro marchou a descansar sendo o mellor equipo galego en competición, cunha medalla xa garantida no C2 gracias ós carísimos peches de control que só un dos seus rivais non foron quenes de superar, e con clarísimas opcions de Iago Canosa de lograr unha segunda presea.

Unha boa plata e bo posto por clubes

Pero se o sábado foi un día de sol, o domingo tivo algún chaparrón. O C2 non foi quen de manter o primeiro posto de preliminares, quedándose o ouro nunha plata que mesmo así foi celebradísima pola expedición dumbriesa. Laura antelo e Marco Oreiro mantiveron o seu bo desempeño de preliminares, e aínda que non pasaron o corte, ambos os dous fixeron unha excelente manga de semifinais. Punto aparte merece Iago Canosa que pifiou na manga semifinal quedando fóra dunha final co conseguinte disgusto do propio palista e de toda a expedición da Costa da Morte.

Finalmente un 11º posto por clubes, o mellor acadado nunca polo CDM Piragüismo Dumbría, e que lle dá moitos animos para as vindeiras vindeiras competicións de Copa de España en Seu de Urgell e Padrón.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios