Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Piragüismo Dumbría proclámase Subcampión da Liga Galega no seu 5º ano

O Piragüismo Dumbría proclámase Subcampión da Liga Galega no seu 5º ano
Andrea Pérez é unha das meirandes promesas do Piragüismo Dumbría

Despois dos resultados da pasada fin de semana, cando se celebrou o Campeonato Galego de Descenso de Augas Bravas, onde non acudía posto que esta competición non entraba no seu programa, o CDM Piragüismo Dumbría se proclamaba brillantemente coma Subcampión da Liga Galega de Augas Bravas, poñéndolle así a guinta a unha brillante tempada. E o fai con tan só 5 anos de historia.

Os de Dumbría continuan ano tras ano mellorando os seus resultados, pero o de ser subcampións, por diante de clubes con moita máis tradición o que supón é un logro co que non se contaba o inico da tempada, pondo o listón altísimo para as vindeiras epocas.

Dúas son as bases deste subcampeonato. Por un lado está o bo facer dos nosos palistas das categorías absolutas, poucos aínda en número pero de moi boa calidade. Só un exemplo: nos Campeonatos Galegos celebrados recentemente en Dumbría, o clube local acudía con tan só 6 participantes, e acabóu a xornada con 5 medallas. Por outro lado está a amplia canteira de este clube que garantiza un futuro moi interesante nesta disciplina deportiva para o clube da Costa da Morte.

Ademais de este subcampeonato da Liga Galega de Augas Bravas, o CDM Piragüismo Dumbría a nivel autonómico se proclamou Campión da Copa Galega de Promoción de Slalom reservada as categorías de iniciación, e obtivo o cuarto posto na Copa Galega de Slalom. A nivel nacional se alcanzou o 14º posto na Copa de España de Slalom, e o 9º na Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom. 

Clasificación

A clasificación final da Liga Galega de Augas Bravas foi:

ClubePuntos
Teixugos646
Dumbría601
Quixos598
Penedo597
Valmiñor567
Tea522
Baiona498
Fluvial215
Vilagarcia186
Ribadumia105


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios