Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O polvo do século

O polvo do século
  • O día máis grande na historia do Sofán deixou un ascenso a Preferente para o recordo; unha categoría que tamén mantivo o Xallas cun éxito no campo do gañador da categoría
Xallas e Sofan xogaran a Preferente o ano que ven Xallas e Sofan xogaran a Preferente o ano que vén despois das xestas deste histórico domingo 22 de maio de 2016 A orxía de sentementos desfrutada polo Sofán foi unha noite de paixón cociñada a lume lento, pouco a pouco. A conquista da Preferente comezou cunha seducción lenta e progresiva en forma dunha recta final de liga espectacular, case sen que ninguén se dera conta. Ata que a 'rubia' estaba no bote. Esa rubia en forma de promoción de ascenso se fixo a dura no Carral, cun traballado empate sen goles, pero ao final acabou caendo aos encantos dunha máquina perfectamente engraxada coma o equipo de Josito, que pasou por riba do ambiente, da encerrona en forma de fútbol rácano e da dificultade do marcador, e sacou un triunfo que deixa aos bergantiñáns por primeira vez na máis alta categoría autonómica. O gol de Félix Garrote, a falta de oito minutos para o final, entra na memoria colectiva dunha forma parecida ao de Alfredo Santaelena no deportivismo. E seguro que en Outes tamén se celebrou de forma parecida, xa que case garante a salvación dos de Manu de Roque, a expensas dun ascenso. O do Xallas foi máis unha contrarreloxo digna de Cancellara ou Chris Boardman. Os combeses, mediada a tempada, loitaban co Dumbría por evitar o último posto da táboa. Agora remataron a liga con vintecinco puntos de vantaxe e totalmente salvados de calquera perigo de arrastre. O acto final foi coma o remate dunha obra de Wagner, que tras momentos de excitación acabou cun subidón en forma de vitoria no feudo dun Castro vencedor da categoría. Foi o epílogo a un manual de como debe ser un equipo que cre, que non renuncia a unha milagre, e cos conceptos ben clariños á hora de reforzarse e confirmar a súa aposta. 3 equipos teremos pois o ano que vén na Preferente Norte: Xallas, Soneira e Sofán! Co Xallas e a súa permanencia asegurada e co ascenso do Sofán, aínda hai equipos pendentes dos arrastres. O Agolada salvouse automaticamente, pero Outes e Coristanco aínda dependen dun paso máis. De 3ª baixan 4 equipos aos que hai que sumar, por agora, un polo o arrastre do Compostela, e deses 5, 4 son para a Preferente Norte. Co cual os 3 descensos da Preferente Norte convírtense en 7, dos que 5 son para o Grupo da Costa da 1ª Autonómica, máis o 6 Lalín, menos 1 polo ascenso da SD Sofán. Así, o Outes, e polo tanto igualmente o Coristanco para salvar a 2ª Autonómica, aínda necesita que se salve o Bergantiños, é dicir, que se salve finalmente Compostela ou que un equipo de 3ª galega ascenda á 2ªB, o que tamén provocaría a permanencia do Estudiantil. Quedaba nesta ocasión nun segundo plano unha Copa da Costa sen case sorpresas, máis alá da remontada do Corcubión ante o Seaia ou o cómodo éxito do Zas ante o Cee. Tamén meritorio e histórico foi o pase de Cerqueda e Mazaricos, xunto co Corcubión os conxuntos máis modestos nos cuartos de final. Pero o torneo do KO será noticia a partir da vindeira semana. Mentres, desfrutan do cigarrillo de despois un Sofán e un Xallas que dan para escribir un manual de como facer ben as cousas.  

Preferente Norte, xornada 38

CopadaCosta, Ida dos Oitavos

Copa da Costa  

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

Fase de Ascenso do Sofan

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

Fases Ligas Galegas  

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

Copa da costa cadete

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

Copa da costa inf

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

copa veteranos costa  

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios