O Ponteceso FSF, único equipo costeiro nas semifinais da Copa Provincial
Enfrontábanse pontecesanas e esteiranas na volta dos cuartos de finais da Copa Provincial da Coruña no Pavillón Municipal de Ponteceso entre o Concello de Ponteceso FSF e o Esteirana. Xa chegaba o Ponteceso con vantaxe tralo 0-3 da ida, e o choque rematou co resultado de 7-2 a favor das pontecesanas, supoñendo así a despedida das rapazas de Esteiro e a primeira vez que as de Barca e Curro chegan ata as semifinais.
As que tamén se despediron da competición foron as do filial do Fisober, que se viron superadas de novo polo Manureva.
E de feito, o Concello de Ponteceso FSF enfrontarase en semifinais ó Manureva Suevos, mentres que na outra eliminatoria enfrontaranse o Viaxes Amarelle (que venceu 1-4 na volta e 9-1 no global ó CD Mabegondo) contra o 5 Coruña (que gañou o partido de volta por 5-0 e cun global de 9-0 ás Espartanas. Os partidos de ida disputaranse o 20 de abril e os de volta o 27.
Copa Provincial
- Resultado: Ponteceso FSF - Esteirana FS (7-2)
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
- ESTEIRANA: Alicia, Inés, Marta, María del Carmen e Sandra – tamén xogaron- Leticia e Mercedes.
- Goles: 1-0-Ana. 2-0-Carmen. 2-1.-Mercedes. 3-1-Martina. 4-1-Alba Reyes. 5-1-Carmen. 6-1-Sandra. 7-1-Alba Marrozos. 7-2-Ana (p.p).
Bo partido das pontecesanas que, pese a traer un bo resultado de Esteiro, non deron a eliminatoria por rematada e saíron a dalo todo polo pase a semifinais. Saíron presionando ó rival, intentando ter o balón e chegando á portería contraria. Así foi como ós 6 minutos de partido, Ana adianta ás locais tras un pase de Carmen atrás. Poñíaselle difícil así o partido ás de esteiro que vían como necesitaban 4 goles para pasar a eliminatoria. Pero o Ponteceso non llo ía permitir e, ós 2 minutos do primeiro gol, Carmen manda un balón ó poste e na xogada seguinte, logra o segundo tanto para o seu equipo tras un pase de Alba Reyes.
A pesar da desvantaxe do marcador, non baixaron os brazos as visitantes que dispoñen de varias ocasións, incluíndo un tiro ó pao, e no minuto 15 logran recortar distancias por medio de Mercedes. Púñase o marcador 2-1, pero non lle duraba moito a alegría ó Esteirana porque Martina encargábase ós 3 minutos de aumentar a vantaxe en 2 goles tras unha boa xogada combinada do equipo. Chegábase co 3-1 ó descanso, co Ponteceso máis cerca de semifinais.
A segunda parte foi máis do mesmo. As xogadoras de Barca e Curro seguían indo a polo partido, e ós 3 minutos de comezar a segunda metade, Alba Reyes vai sola cara a portería e anota o cuarto gol cun tiro raso ó pao dereito ó que non chega Alicia. As visitantes seguían intentando acortar distancias con varios tiros lonxanos, pese a que xa estaban prácticamente fóra das semifinais, pero non o conseguían. Si conseguía Carmen anotar o quinto para o seu equipo nunha xogada de estratexia dun saque de corner e, ós dous minutos e sen deixar atacar ó Esteirana, Sandra rouba o balón e marca o 6-1 para o Ponteceso. E non iba ser o último, xa que no minuto 42 tras un mal saque de córner para as locais que casi rouban as visitantes, Alba Marrozos faise co balón e marca o 7-1, logrando así que por primeira vez na tempada, marquen todas as xogadoras de campo do Concello de Ponteceso FSF.
A pesar de non darlle tempo a remontar, as de Esteiro seguían querendo recortar distancias no luminoso e tras sacar de centro, Inés manda fóra un balón que podía ser o 7-2. Ainda que ese segundo gol non tarda en chegar. Era o minuto 46 cando as visitantes rouban un balón tras un saque de córner de Sandra e montan unha contra que acaba con gol de Ana en propia porta intentando desviar o balón que a visitante Sandra manda ó segundo pao. Nos últimos 3 minutos tiveron varias ocasións claras ambos equipos para aumentar e recortar distancias. A porteira do Esteirana ten unha boa intervención nun man a man con Sandra que evita o 8-2 e, no último minuto, as xogadoras visitantes rouban o balón e teñen unha oportunidade por medio de Sandra, que lla pica a Salomé e o balón vai fóra por pouquiño.
Copa Provincial
- Resultado: MANUREVA – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (7-0).
- FISOBER B: Martina, Iria, Noe, María e Inés ; tamén xogaron : Natalia, Paula, María Maroñas e Mónica.
- Goles: 1-0 Olalla, 2-0 Noa, 3-0 Alba, 4-0 Musta ( descanso ) 5-0 Musta, 6-0 Cris, 7-0 Cintia.
Rmatou a tempada para o filial do Fisober coa disputa do partido de volta dos cuartos de final da Copa Provincial o pasado sábado en Arteixo. A eliminatoria xa viña decidida co 0 a 8 na ida e o guión do partido foi case o mesmo que o da semana anterior, dominio do Manureva e o filial do Fisober repregado e tentando pescar algunha contra. A iso temos que unirlle a tarde de calor e humidade no Pazo dos Deportes de Arteixo o sábado que fixo que o partido non tivera moito ritmo.
As locais conseguiron abrir o marcador os cinco minutos por mediación de Olalla. De novo sufrían un gol cedo as do Fisober B. Pero o igual que a semana anterior poideron aguantar con ese resultado unha boa chea de minutos.
Ata que a oito para o tempo de lecer foi Noa a que fixo o segundo para as locais. Pasou un mal momento o filial xa que a falta de cinco un lanzamento de Alba petou en varias xogadoras e acabouse colando e solo un minuto despois era Musta a que facía o catro a cero. Un resultado co que se chegou o tempo de lecer.
O arranque da segunda metade non pudo ser peor xa que no primeiro minuto, novamente Musta facía o cinco a cero. Aínda así o filial do equipo costeiro, sobrepúxose e nesta segunda metade conseguiu saír un pouco máis a contra que na primeira metade e tentar crear perigo sobre Melania. A falta de once minutos para o fin Cris conseguía o sexto para as locais. E con oito minutos para o fin era Cintia a que facía o definitivo sete a cero. Con este resultado chegouse o fin do partido e por conseguinte o fin da tempada para o Fisober B.
Fase Intercomarcal Alevín
O Fisober Alevin xogaba na maña do sábado en Esteiro ante o Atletes a final intercomarcal alevin, as rapazas adestradas por Elsa caian derrotadas por un axustado 6-5. As alternativas no marcador foron constantes e ata o último seguido o resultado foi incerto, polo Fisober marcaron Paula Fandiño (3) e Nuria Pose (2)
Novas relacionadas
- O Ponteceso FSF toma vantaxe na Copa Provincial.
- O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia:
- O Ponteceso FSF repasa o seu terceiro ano de existencia.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba e Barca.