Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría

O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría
volei-dumbria-ante-o-uva

Non puido sumar un novo triunfo o Volei Dumbría nun apaixoante partido na visita do Valladolid ao Pabellón Municipal do Conco. O equipo local enfrontábase a todo un candidato ao ascenso á Superliga Masculina, e o UVA conseguí alevar os putnos tras vencer por 1-3 dentro dun partido cheo de oportunidades e accións espectaculares por parte dos dous equipos.
Unha derrota que deixa ao equipo de Charly na 3ª posición por abaixo con 7 puntos.

O primeiro set empezou cos dous equipos tenteándose e con continuos intercambios sen conseguir ningún dos dous equipos despegarse no marcador, só no final do set unha serie de erros non forzados por parte do equipo local pecharon o set nun 20-25.
No comezo do segundo set púidose ver a un UVA disposto a pechar o partido pola vía rápida, cunha defensa moi ben estructurada e moita agresividade nos seus ataque que non podía ser contrarrestada polo equipo dumbrines , que non era capaz de pechar as súas xogadas en K2 e acabo cedendo tamén o segundo set por 19-25.
No terceiro set púidose ver por fin o verdadeiro potencial dos xogadores locais que , lanzados polo seu público, lograron non cometer excesivos erros e contrarrestar a defensa valisoletano, conseguindo un set de bo xogo cun marcador de 25-21.
Pero ata ese punto chegaron as forzas locais que non puideron frear o arreón do equipo visitante neste cuarto set, onde unha serie de ataques por zona centro e a súa efectividad en defensa déronlle un cómodo set de 16-25.

A vindeira semana o cadro dumbriés viaxa a Ferrolterra para enfrontarse ao Intasa San Sadurniño, o sábado ás 19:30h.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios