Domingo. 12.05.2024
El tiempo

O Prisma-Illa-JB e o San Francisco, favoritos na Liga de FS de Malpica

O Prisma-Illa-JB e o San Francisco, favoritos na Liga de FS de Malpica
San Francisco da Liga de FS de Malpica San Francisco é o equipo máis veteranos da Liga de FS de Malpica

Xa repasamos a actualidade das Ligas de Ponteceso-Corme emais a de Mazaricos. E mentres descansan as de Cee e Corme, e esperamos pola de Santa Comba, repasamos a actualidade da Liga de FS de Malpica, que organiza Añón.

Tralo visto nas 4 primeiras xornadas, os equipos favoritos son o Prisma-Illa-JB e o San Francisco. O Prisma é líder con 4 vitorias en 4 partidos, e o San Francisco só empatou un partido. Non podemos esquece ao Bar Avenida e ao Buceo Malpica, que dispoñen de moi bos xogadores e ao final van estar pelexando na parte alta da liga.

Os dianteiros máis en forma a día de hoxe son xentes coñecidas no Fútbol da Costa como Camilo e Aitor. Do Prisma, hai que destacar a Martín, do Bar Avenida a Bazar, ambos, de feito, están empatados a 7 goles á fronte da táboa dos pichichis.

O equipo revelación está sendo o Bar O Cruce que con xente moi nova e catro veteranos que xa estaban medio xubilados están a facelo moi ben, debido sobre todo as actuacions do seu porteiro Nacho que para casi todo e é a peza básica do equipo.

O San Francisco é a agradable sorpresa pois o seu plantel é o de mais idade da competición. Son case todos veteranos e sobre todo ca incorporacion de Carlos (o porteiro), un dos mellores na dácada dos 90, que segue en plena forma. Non é casualidade que sexa o menos batido con 6 goles encaixados en catro partidos .

As táboas en www.futboldacosta.com

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios