O San Román alzouse co título de Liga duns Veteranos que xa pensan na Copa


Remataron as vividas Ligas dos Veteranos do Fútbol da Costa. E o fixeron cunha xornada sen sobresaltos, despois de que saltaran as apostas a penúltima xornada coa derrota do San Lorenzo ante o Zas, que lle deixaba en bandexa de prata a Liga ao San Román. Non desaproveitou a ocasión o cadro larachés para facerse con outro título de Liga de 1ª División, como fixera na temporada 2014/2015. Un especialista pois naquela ocasión tamén conseguira alzarse co título no último suspiro.
Non o tivo doado o San Román en Castriz, pero acabou vencendo por 1-2, puidendo disfrutar do campionato. Ademais, o San Lorenzo, xa derrotado despois de caer a semana pasada, perdía por 4-2 en Corcoesto. Aproveitaron esta derrota Zas e Dumbría para ascender dúas posicións, deixando aos de Verdillo na 4ª praza.
Ascensos e descensos
Xa estaban confirmados, pero así queda a cousa:
- Descenden a 2ª: Bértoa e Laxe.
- Ascenden a 1ª: Hosgran (campión de 2ª) e Nantón.
A Copa da Costa de Veteranos
E sen tempo a saborear a liga, esta vindeira fin de semana xa comeza a #CopadaCosta, que teredes sempre actualizada en www.copadacosta.com. A Previa déixanos un fermoso San Román-San Lorenzo, como partido máis importante:

Novas relacionadas
- 04-05-18: O Zas rebenta a Liga e ponlla en bandexa ao San Román.
- 20-04-18: Hosgran e Nantón apuntan a unha 1ª que segue mantendo unha loita durísima polo título.
- Marzo 18: 4 equipos loitando polo título… e polo ascenso.
- 2015: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
Máis información
- Todas as crónicas dos Veteranos.
- Clasificación e resultados das Ligas de Veteranos en www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.