O Seaia estrea nova directiva
Tiveron que realizarse 3 asembleas para conseguir relevo. Pero finalmente o Sporting Seaia seguirá competindo na 3ª Autonómica a vindeira campaña 2016/2017. E cun proxecto bonito, feito dende a casa, con rapaces da zona, e con novas ideas.
Roke Chouciño será o presidente, tomando o relevo dun Pablo Caamaño que tanto fixo por este club dende a súa formación, na 2013/2014. O propio Roke recoñece que non quixeron deixar desaparecer o club, e xa que a ex directiva decidiu deixalo, chegan con moitas gañas de manter vivo o club. “Igual son demasiados 4 equipos en Malpica, pero tamén temos xente de outros concellos que tamén queren xogar, é todo organizarse. Xente hai”, apunta Roke. Estes días teñen xa reunión co Concello, e Roke recoñece que hai unha moi boa relación con Iago Espasandín, concelleiro de Deportes.
Con el, estarán na directiva Miguel Rodríguez, José Suárez, Pablo Parga, e Tamara Moreira. Ademais, a forza do equipo serán os rapaces da zona. Manteranse moitos do ano pasado, pero aínda teñen que falar un por un. E tamén mirando nova fichaxes, e analizando o posible adestrador.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).