O Soneira álzase ca Copa da Costa de Veteranos
Fermosa a festa dos Veteranos do Fútbol da Costa. O Campo de Xaviña de Buño acollía a gran final da Copa da Costa 2016, cunha gran acollida de público. Era o Soneira, nuns últimos minutos moi apretados, os que levaba o título para Vimianzo tras unha fermosa e deportiva festa deportiva.
Soneira e Club do Mar ao remate da final da Copa de VeteranosClub do Mar - Soneira (0-2)
- CLUB DEL MAR: Malpica, Jesús, Turro, Castro, Dito, Felipe, José, Mauri, Pablo, Richard e Mino. Tamén xogaron: Torrado, Roberto, Óscar, Diego, Antonio, Suso e Luís.
- SONEIRA: Coscoñas, Mauri, Mauricio, Jemisa, Javi Tono, Pioto, Miguel, Costa, Chocolate e Teo. Tamén Álvaro, Félix e Padronés.
- GOLES: 0-1, m.82: Miguel de penalti; 0-2, m.87: Costa dende fóra da área.
Sacaba o Soneira as unllas cun saque longo de Coscoñas, que controla Miguel e tira desde fóra do área pasando moi preto do travesaño. Adiantaba un pouco as liñas o Soneira e foi nivelando máis o xogo. Miguel, Ton e Chocolate fóronse facendo co medio do campo deixando só arriba a Pioto que pouco ou nada podía facer ante a boa marcaxe de Castro e sobre todo Fernando. Deste primeiro tempo destacar sobre todos os demais ese gran xogador Mino que este primeira parte foi o gran pesadelo para a defensa do Soneira.
A segunda parte foi algo máis do mesmo, moito xogo no centro do campo, que cando tiña o balón o Club do Mar sempre buscaban a Mino e pola outra parte balón que tiña Miguel en longo buscaba a Pioto, pero con poucas ocasións de gol para ambos equipos. Ata que no minuto 37 da segunda parte nun centro ao área do Club do Mar, Fernado derriba ao dianteiro Teo dentro da área, que o colexiado do encontro Eduardo Rodriguez, non dubida en sinalizar penalti. Miguel non perdoa facendo o 0- 1.
Quedaban apenas 7 minutos e o o Club do Mar foise arriba e aínda contou con dúas ocasións de gol, as dúas por parte de Mino, unha que ante a saída de Coscoñas e dentro do área, tira e o balón fóra, e tres minutos máis tarde nun balón solto dentro do área tira e dá no larguero. E cando o Club do Mar máis atacaba en busca do empate, Costa desde fóra do área fai o 0-2 definitivo.
Aínda houbo tempo para un momento quente, cun par de cartóns por protestar, pero ao final o choque rematou con moita deportividade.
Miguel, Mino e TonoSelección de 2ª - San Isidro (1-1)
Seleccion de 2ª de Veteranos da Costa- Selección de 2ª División: CHARLI (San Isidro), PABLO (Buño), FRAN (Erbecedo), NELSON (Buño), SUSO (Seaia), ÓSCAR TOJA (Laxe), ROUCO (Erbecedo), ELIAS (Buño), MAURO (Laxe) BAN BAN, (Malpica), HÉCTOR (Corcoesto), MIGUEL (Leiloio), PABLO (Corcoesto) e PROSI (Buño).
- San Isidro: MANOLO, LUIS, GUSTAVO, LUIS BARIZO, ROBERTO CARLOS, JUAN, MARCOS, PUSKAS, COUTO, SUSO DO CAMPO, PALERMO, CAMARIÑAS, ENRIQUE, JUAN e CHIÑO.
- Goles: 0-1: CAMARIÑAS; 1-1: ROBERTO CARLOS.
Arrincaba a festa do fútbol Veteranos con este choque que servía de telonero para a gran cita. Viuse un partido bonito, entretido, onde destacou a calidade de xogadores como Pablo do Corcoestou ou Óscar Toja do Laxe. Do San Isidro cómpre destacar a actuación de Gustavo, Roberto Carlos e Puskas.
Miguel recolle o premio de Campion da Copa da Costa 2016 do Soneira Club do Mar subcampion de Copa da Costa de Veteranos Richard recollendo o trofeo de Pichichi de 2ªCrónicas deste ano
- 20-06-16: Veteranos: Soneira e Club do Mar adiantan o paso cara a final da Copas.
- 14-06-16: Dous equipos de 2ª, en semis.
- 07-06-16: Bértoa e Porteño poñen un pé nas semis.
- 02-05-16: O At. Milagrosa, campión da Liga de Veteranos:
- 27-03-16: O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada.
- 9-03-16: O Milagrosa lidera unha Liga con 5 aspirantes.
- 13-01-16: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
Máis información en www.futboldacosta.com
Tempadas anteriores
- 15/16: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
- 15/16: Os Veteranos xa teñen os seus calendarios con novidades.
- Copa 2015: O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos.
- Liga 2015: Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Modesto Parga.