O Soneira prantou cara a todo un Racing de Ferrol para arrincar ben a temporada
09:29 13/08/14
Non puido ser. O que comezaba como un simple partido de pretemporada convertiuse nunha boa singladura. Un comezo moi esperanzador, en todo caso, para a familia do Soneira, que tras un complicado ano na Preferente, e un verán algo movido polos despachos, arrinca o curso con moi boas sensacións, e moi boa recadación.
Eran as semifinais da Copa Deputación, despois de levar por diante a equipos como o Fabril. Pero a pesar da boa primeira metade dos vimianceses, a diferencia de de categoría (de 1ª Autonómica a 2ªB hai un treito) notouse na segunda parte, na que os visitantes sentenciaron con 3 tantos.
Soneira - Racing de Ferrol (0-3)
- SONEIRA: Anxo, Pichi, Brais Mouzo, Maikel, Sandelo, De la Sierra, Mayor, Basti, Javi e Brais Triñanes. Tamén xogaron: Nazo, Martín, Alberto, Quilmes e Iván Chans.
- Goles: Iván Forte, Brais Abelenda e Dalmau, todos na segunda metade.
Máis información
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Novas relacionadas
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).