Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Trail Galaica de Muros quentou motores para o Triatlón

O Trail Galaica de Muros quentou motores para o Triatlón
Moi duro o TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel Moi duro o TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel

Fantástica acollida da veciñanza de Muros ao Trail Galaica Concello de Muros. Un trail dentro do Circuito TrailGalaica que congregou a 260 atletas de toda Galicia, sendo apenas 40 os que non conseguiron rematar as probas longa (trail de 23 km)ou curta (mini-trail de 16m).

Fermosísimas estampas as que disfrutaron os atletas galegos polos montes muradáns, ademais de contar cunha escrupulosa organización gracias á que apenas se rexistraron pequenos incidentes como caídas…

Incribles vistas no TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel Incribles vistas no TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel

No mini-trail venceron Rubén Martínez Mayo do Club Atletismo Negreira e Beatriz Barroso Pérez do Tribu Trail. Ambos foron acompañados por Amador Pena Torreira, Mónica Touriños Ferreirós, Esteban Touceda Santos e María Fabeiro Romero. O loureán José Manuel Lestón fo o primeiro local na 16ª psición.

Na ruta longa a vitoria foi para Roberto Riobó Estevez do Xesteiras e Olaia Conde Seoane de Castrotrail que foron acompañados por Luis Calvo Castro, Vanesa Varela Crespo, Daniel Paz Pardo e Amira Simón Martínez. O primeiro muradán foi Jose Ramón Mayo Martinez (do Tribu Trail), na 13ª posición, quedando o carballés Víctor Domínguez (Media Ducia).

En clubes victorias para Pandilla de Vagos, Tribu Trail e Clube Atletismo O Pino respectivamente na ruta curta e Tribu Trail, Clube Atletismo O Pino e A.D. Jarnachas na ruta longa. Tendes a lista completa de resultados.

Podio do TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel Podio do TrailGalaica por Muros-Foto-Jose Angel

A seguinte cita do Traigalaica é Ribeira Sacra - Pantón, pero a xente por Muros xa pensa no Triatlón.

Triatlón

Triatlon Mar Muros 2018

Muros vai acoller o vindeiro 2 de xuño o I Triatlón Mar Muros, par o que xa vos podedes inscribir en emesports.es. Serán 750 m de natación – 20 km en bicicleta – 5 km de carreira a pé. Xa hai 47 inscritos a día de hoxe habendo un limite e 150 participantes.

Fonte

Comentarios