O Volei Dumbría adica a vitoria e a 2ª praza ao seu presidente


Gran vitoria do Volei Dumbría na 8ª xornada do grupo A de a Superliga 2 de voleibol masculino estatal. Ata Vigo desprazábase o conxunto de Luís Alberto Fernández para enfrontarse no Pavillón de Coia ao CV Vigo, e tras un choque non apto para cardíacos, os dumbrieses acababan vencendo por 1-3, con parciais d
Vitoria fundamental ademais pois falamos dun rival directo da zona alta, e os dous equipos apenas fican separados tan só por 2 puntos na táboa clasificatoria, polo que en xogo había 3 puntos fundamentais para calquera dos dous bandos. Os dumbrieses buscaban afastar un pouco máis aos vigueses e seguir loitando por ocupar os postos altos da táboa, mentres que os vigueses buscaban adiantar aos dumbrieses na táboa e empezar con bo pé os 3 partidos complicados que lle faltaban para finalizar a primeira volta.
O choque tivo ademais o seu momento emotivo, e iniciábase cun minuto de silencio en memoria de Joaquín Ferrío, pai do presidente dumbriés César Ferrío. Para el foi adicada a vitoria.
A táboa está partida en dúas partes. 6 equipos loitarán polas dúas primeiras prazas, se ben o Emeve está destacado con 24 puntos (8 vitorias en 8 partidos e só 2 sets cedidos). Os dumbrieses quedan a 4 do cadro lucense, e cun punto de vantaxe sob Badaxoz e 3 sobre o Cáceres, que ademais teñen un partido máis. Pechan o grupo cabeceiro Rotogal Boiro e Vigo.
CV Vigo - Volei Dumbría (1-3)
- Parciais: 24-26, 25-27, 26-24 e 21-25.
Individualidades
No eido individual, Unai Larrañaga está entre os 6 mellores “líberos” da categoría; Néstor é o segundo mellor “opuesto”