O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2
O Voleibol Dumbría caía derrotado no último partido da primeira volta en casa do líder, o Intasa de Sansadurniño por un contundente 3-0 con parciais de 25-15, 25-14 e 25-19.
O equipo dumbriés pouco puido facer ante un equipo ferrolán que apenas leva unha derrota no que vai de liga, nun partido no que foi por detrás en todo momento e onde a superioridade do equipo local foi aplastante, como demostran os parciais.
Os dumbrieses acudían a Sansadurniño con varias baixas e ata con algún xogador lesionado, como o caso do capitán Touriñán que xogaría como líbero por problemas nun gemelo. Nesas condicións era difícil competir contra un rival que domina a categoría e que xa tiña asegurada a súa presenza na Copa Príncipe, onde intentará revalidar o título conseguido o ano pasado.
Con este partido finaliza a primeira volta onde os xogadores da Costa da Morte conseguiron puntuar en 4 dos 8 partidos disputados. Sen dúbida, un gran inicio de tempada tendo en conta que son debutantes na categoría e a enorme mocidade do persoal, formada nas categorías inferiores do club, ademais das dúas fichaxes, o utrerano Daniel Muñoz e o venezolano Néstor González, xa recoñecido nas pasadas xornadas como un dos destacados da Liga.
Imaxe do choque ante o EMEVEEste sábado xogan en Palencia ás 17:30 contra CyL Palencia 2018, equipo formado polas novas promesas do voleibol nacional que forman a Selección Xuvenil Española. O partido será contra un rival directo, xa que tan só os separan 3 puntos na clasificación, e prevese moi igualado como reflicte o 3-2 a favor dos dumbrieses da primeira volta.
Categorías inferiores
Os equipos cadete e xuvenil masculino de Voleibol Dumbría, facendo un gran traballo nas Ligas Galegas, enfróntanse o domingo día 4 a partir das 16:00 ao Calasancias da Coruña no Pabellón de San Francisco Javier na 8ª xornada da 1ª División Autonómica.Máis información
Novas relacionadas
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Volei Dumbría.