O Volei Dumbría conta cunha nova furgoneta doada pola Deputación


Saben ben na Deputación que os bravos do Volei Dumbría andan por España adiante levando a costas o nome da Costa da Morte. Por iso tivo a ben ceder unha furgoneta aos equipos de voleibol do C.F. Dumbría. O acto contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso, o rexedor dumbriés, José Manuel Pequeño, e o presidente do club.
Formoso destacou “a importante labor que realiza o club no fomento do na Costa da Morte, especialmente en deportes aínda minoritarios coma é o voleibol“.
Pola súa banda, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño e o presidente do C.F. Dumbría, César Ferrío, agradeceron o apoio da Deputación e a cesión do vehículo que axudará á entidade deportiva a manter a súa actividade, que require con frecuencia desprazamentos a competicións nas que é necesario o transporte de material e persoas.
A cesión da furgoneta é o resultado dun convenio asinado no mes de setembro, mediante o cal a institución provincial destinou un total de 25.400 euros para a adquisición do vehículo.
O club agrupa a máis de 60 integrantes, en equipos masculinos, femininos e mixtos que xogan en todas as categorías, desde cadete ata sénior. Entre os éxitos que acumulan, destacan as recentes vitorias do equipo xuvenil masculino, actuais campións galegos na súa categoría e quintos no Campionato de España Xuvenil.

Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría roza a medalla no Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría realiza un impecable comezo do Campionato de España Xuvenil.
- O Volei Dumbría disputa o Campionato de España Xuvenil en Lorca.
- O Volei Dumbría repite o título de Campión Galego Xuvenil.
- O xogador do Volei Dumbría, Unai Larrañaga, convocado pola Federación Española.
- Obxectivos cumpridos para Volei Dumbría nesta estrea na SuperLiga2.
- O Volei Dumbría puxo en apretos ao UVA, 3º da SuperLiga2.
- O Volei Dumbría ratifica en Tenerife a permanencia na categoría de prata do volei estatal.
- A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia.
- Volveu o volei máis vibrante ao Conco.
- O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2.
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).