O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2
Xa o dicía o presi César Ferrío: “Os partidos de Superliga2 son moi intensos e emocionantes”. E zasca, primeiro choque e remontada espectacular ante un pavillón do Conco volcado.
Foi un día histórico o pasado sábado 1 de outubro no Conco. 9 anos despois do comezo desta singradura deportiva, e con varios xogadores completando o periplo de categoría en categoría, este Volei é a perfecta demostración de como se trata o deporte no Concello dumbriés.
Máis de 350 siareiros disfrutaron do máximo nivel desta disciplina deportiva, xusto despois de facelo co novo Fisober Dumbría tamén nunha 2ª división estatal. E parece que este grupo formado por xente da casa cun par de fichaxes de categoría vai conseguir enganchar.
Era a 1ª xornada da SuperLiga 2 e os dumbrieses non se amilanaron ante todo un CYL Palencia, subcampión o ano pasado. E iso que os costeiros comezaron caendo por 0-2, en dous sets tremendamente apretados nos que os nosos non tiveron sorte nos momentos finais.
Pero non estaba todo dito. Cos centrais Marco Lado e Javier Domínguez en plan estelar, e un espectacular Manu Marcote, que xa se convertiu no primeiro MVP da temporada, facendo á perfección as labores de colocador, os dumbrieses dábanlle a volta e arrasaban nos 3 últimos sets, sen dar opción algunha aos palentinos.
Ademais, o Dumbría comeza pisando forte na categoría. Ademais do primeiro MVP, a Federación destacou tamén a “colectividade” do cadro de Charli como nota destacada da xornada, e ademais Marco meteuse no mellor sexteto inicial.
Manu Marcote escollido MVP da 1ª xornada da SuperLiga 2Así ruxía o Conco ao remate desta histórica xornada para o deporte da Costa da Morte.
Así rugía ayer O Conco al terminar el partido de @voleydumbria ante Palencia de Superliga 2
— Voleibol Dumbría (@voleydumbria) 02 outubro 2016
Gracias afición!!! pic.twitter.com/tdXEA6PWIB
Máis información
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Temporada pasada
- O Ézaro volveu convertir Dumbría no centro do Volei Praia Nacional.
- Os cadetes do Voleibol Dumbría completan unha tempada histórica co bronce no Campionato Galego.
- O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol.
- O Volei Dumbría, Campión Galego Sénior no seu segundo ano en competición.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría alcanzan un meritorio 6º posto no Campionato de España.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría, rotundos campións galegos.
- Un cadete costeiro nas semis do Campionato de España de Volei.
- 5 costeiros coa Selección Galega de Volei ao Campionato de España.
- Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro.
- Fin de semana de volei “internacional” no Conco.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.