O Volei Dumbría puxo en apretos ao UVA, 3º da SuperLiga2


Tras ratificar a permanencia na SuperLiga2, o Volei Dumbría xa pode disfrutar da competición sen tantos apuros. Esta pasada fin de semana facía unha viaxe a Valladolid, para enfrontarse ao 3º clasificado, que xa vencera no Conco, e despois dun partido de infarto que se volvía decidir no tie break, o equipo dumbriés non acadou a vitoria a pesar de chegar a ir vencendo por 0-2, pero si conseguiu un novo punto que os mantén con 13 na 7ª praza, a 1 só punto do 6º, o Hotel Río Carnaval de Badajoz.
SuperLiga2, xornada 15
- Resultado: Universidad de Valladolid - Voleibol Dumbría (3-2)
- Parciais: 23-25 / 24-26 / 25-20 / 25-20 / 15-12.
Os dumbrieses empezaron moi enchufados os dous primeiros sets, encabezados por un gran Néstor González en facetas ofensivas que os vallisoletanos non eran capaces de controlar. Só nos momentos finais de cada set, os xogadores do UVA achegáronse no marcador debido aos numerosos erros non forzados froito da mocidade dos xogadores dumbrieses.
O partido cambiaría no inicio do terceiro set, onde os vallisoletanos empezarían cun parcial de 5-1 e os dumbrieses irían a remolque en todo o set ata conseguir o empate a 19, encabezados por Dani Muñoz. A partir dese momento volveron os erros non forzados nos momentos decisivos e tras 3 erros non forzados o UVA acabaría impoñéndose por 25-20. No cuarto set o cansazo fixo mella nos xogadores dumbrieses e o adestrador aproveitaría para realizar cambios e intentar cambiar o ánimo dos seus xogadores para preparar o quinto e definitivo set. O quinto set sería unha copia do terceiro, onde os xogadores locais empezarían por diante ata o empate a 10 e unha vez conseguido o empate 3 erros non forzados dos dumbrieses deixarían o marcador no definitivo 15-12.
Vindeira xornada
O próximo partido será o sábado 25 ante o Aldebarán de San Sadurniño, ás 19:00 horas no Pabellón Municipal de Dumbría, partido que servirá para despedir a tempada ante o segundo clasificado da Superliga Masculina 2.
Máis información
Crónicas do Volei Dumbría
- O Volei Dumbría ratifica en Tenerife a permanencia na categoría de prata do volei estatal.
- A afección aúpa ao Volei Dumbría cara a permanencia.
- Volveu o volei máis vibrante ao Conco.
- O Volei Dumbría completa unha dura e competida primeira volta da SuperLiga2.
- A canteira do Volei Dumbría tamén responde.
- O potente UVA non deu opcións ao Volei Dumbría.
- Volei: Unha montaña rusa de compromiso.
- Néstor, a fichaxe venelozana do Volei Dumbría, comeza a demostrar o seu poderío.
- O Volei Dumbría abónase ao 3-2 da man dun gran Néstor González.
- Unha derrota e un empate para as categorías inferiores do Volei Dumbría.
- Unha remontada épica para soñar.
- O Volei Dumbría volve á crúa realidade da SuperLiga2
- O Volei Dumbría engancha á afección no histórico debut en SuperLiga2.
- O Volei Dumbría comeza a súa histórica andaina pola SuperLiga2.
- O Volei Dumbría xogará na Superliga 2.
Fonte
- Volei Dumbría.