O Volei Dumbría segue arrasando na SuperLiga 2


Terceiro 3-0 que endosou o Volei Dumbría neste radiante comezo da SuperLiga2. Os dumbrieses suman 9 sets a favor e 0 en contra, para manterse no liderato da segunda división estatal. Desta volta, foi o CYL Palencia 2020 o que sufríu o potencia costeiro ante unha volcada afección que deixaba unha fermosa estampa no pavillón do Conco.
O conxunto galego foi moi superior ao novo equipo palentino como demostran os parciais de 25-16, 25-21 e 25-16. O equipo local dominou de principio a fin o partido e tan só no segundo set vería perigar o marcador debido a un exceso de relajación. Os palentinos poñeríanse a un punto (15-14) dos locais no marcador, pero os dumbrieses conseguirían sumar 4 puntos seguidos nunha boa racha de Bruque ao saque e situar o 19-14 no marcador e manter esa diferenza ata o final de set.
Nos dumbrieses destacan os 16 puntos de Néstor González e os 15 de Daniel Muñoz como principais referencias ofensivas.
Con estes novos puntos, o Volei Dumbría mantense líder empatado a 9 puntos co Emeve. Na seguinte xornada tócalle descansar ao Voleibol Dumbría, que non volverá competir ata a xornada 5 que visitará a cancha do Rotogal Boiro, ata hoxe tamén imbatido aínda que cun partido menos.
