Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O Volei Dumbría xogará na Superliga 2

O Volei Dumbría xogará na Superliga 2
Volei Dumbria Campion Galego Senior 2 O Volei Dumbría quedou campión Galego Sénior e aproveitará o ascenso á Superliga2

”Isto non para de medrar. Cada ano temos un lío novo, parece unha pelota de neve que se vai facendo máis e máis grande”. Sorrí César Ferrío, un dos culpables do “boom” deportivo do Concello de Dumbría. Unha explosión que leva anos a lume lento, e cada curso tráenos unha nova alegría, facendo que un pequeno concello de 3000 habitantes compita a nivel estatal en diferentes disciplinas. Piragüismo, volei praia, ciclismo, pesca, fútbol, fútbol sala.. e agora sabemos que o Volei Dumbría competirá na SuperLiga2, a 2ª División do volei estatal.

Conseguían o ascenso hai un mes, no seu apenas 2º ano de competición, o que dá conta do gran traballo de canteira que hai detrás. Como dan conta os resutaldos da base deste ano, cun título de campión galego dos Xuvenís e posterior 6º posto no campionato de España, un bronce galego dos cadetes, ou os numerosos trofeos do Manuela Rial.

Un paso adiante

”Hai que arriscar, hai que facelo por estes rapaces, que non queremos que marchen. Hai moita calidade neste equipo e xa había moitos equipos interesados en varios dos nosos, e así dámoslle unha saída de primeiro nivel”, recoñece Ferrío. Na categoría, apenas o Náutico Boiro Voleibol, o Club Vigo Voleibol e o Intasa San Sadurniño compiten dende Galicia. Os dumbrieses enfrontaranse ao mesmo FC Barcelona, ao Xátiva ou ao Leganés.

A pesar de que o orzamento ascende moito (só os trámites de fichas e demais ascenden a 10.000€ antes de empezar a competir e despois tocan viaxes continuas por toda a península e mesmo as illas Canarias e Baleares), o Club de Fútbol no que está inserido, fará un esforzo repartindo fondos. Para o ano que vén chegará unha boa subvención de Deporte da Xunta por ser deporte de elite, duns 20.000€ pero non se cobrará ata 2017, polo que toca facer un esforzo económico.

No deportivo, manterase o cadro técnico, con Luís Alberto como coordinador, e Juan Carlos Suárez, Charly, ao mando. O plantel continúa ao completo e haberá que facer un par de fichaxes novas.

Na base Luís seguirá con Cadetes e Xuvenís, ambos en Liga Galega, e Gurutz cas mozas, as cadetes tamén en Liga Galega.

Un exemplo de como traballar ben, dende a base, para crear algo grande en categoría sénior.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios