Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Xadrez Cabo Touriñán xa é líder

O Xadrez Cabo Touriñán xa é líder
Imaxe dun partido deste curso do Club Xadrez Cabo Touriñán Imaxe dun partido deste curso do Club Xadrez Cabo Touriñán

Quinta xornada de liga o xadrez Cabo Touriñan xa é lider da 2ª División Galega grupo C, a medio punto do segundo e do terceiro e a un do cuarto clasificado, equipos aos que aínda se terá que enfrontar. Polo de pronto, o cadro muxián, esteirán e corcubionés segue embalado cara o ascenso tras vencer, de “goleada”, ao Liceo.

O equipo ademais está moi satisfeito coa posta en marcha da pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.

Cabo Touriñán 3,5 – Liceo Pueblense 0,5

Resultados por taboleiro:  
  • David Lariño - Jacobo Míguez 1-0. Lariño debutou cos muxiáns cunha vitoria ao seu estilo hipermoderno.
  • David Cernadas - José Soneira  1/2-1/2. José tivo chances de vitoria pero deixou escapar a ventaxa, o seu rival logrou as taboas tras un xaque continuo ao rei de José.
  • Ramón Franco – Matías Regueira 1-0. Ramón xogou un gambito de Rei, e tras gañar un peón e logo de varios erros do seu rival conseguiu ventaxa decisiva.
  • David Mosquera – José Sar 0-1. O rival de José deixouse unha dobre ameaza de peón ao seu cabalo e alfil, José quedou así con peza de máis e rematou a partida con boa ténica.

Vindeira xornada

A próxima fin de semana desplazaranse a Vilagarcia para xogar contra o CXF. A Marina.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

Comentarios