Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Xadrez tamén vai en feminino

O Xadrez tamén vai en feminino
As duas unicas mulleres da Liga de Xadrez enfrontadas entre Tourinan e USC-Ana Barja a esquerda As dúas únicas mulleres da Liga de Xadrez enfrontadas entre o Club Cabo Touriñán e USC. A muxiá Ana Barja de Quiroga á esquerda

Non debería ser nova, pero a realidade é que por agora si o é. Dúas mulleres fronte a fronte, na Liga de 2ª División do Xadrez Galego. As dúas únicas da Liga enfrontábanse esta pasada fin de semana no choque entre Universidade de Santiago e Club Xadrez Cabo Touriñán. Aí estivo a muxiá Ana Barja de Quiroga pelexando coa súa rival por un puntiño que serve para achegar un pouco máis ao club á permanencia.

O equipo segue pelexando por non descender e os 12 integrantes do primeiro equipo (só xogan 4 por partido) xa esperan os choques da “súa liga”, contra Rianxo, Boiro…

Máis eventos

E como dicíamos a semana pasada, Santi Pérez non para, e xa está armando as vindeiras citas. A final deste mes vaise facer no Centro Comercial Finisterrae un Torneo Xogade para pequenos.

Ademais, a Deputación aceptou un acordo para facer un Circuito por 10 concellos da Costa da Morte, de verán.

E tamén, a segunda edición do Torneo Entre Faros segue fraguándose, para a que están buscando bos patrocinadores, pensando na integración de nenos con discapacidade.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios