luns. 02.12.2024
El tiempo

O Xallas ameaza os postos de ascenso trala vitoria en Lamela

O Xallas ameaza os postos de ascenso trala vitoria en Lamela
Cara e cruz nos enfrontamentos dos nosos dous representantes na Primeira Autonómica esta fin de semana. Como ben sendo habitual o Zas caia na casa e complícase moito a permanencia na categoría, mentres que o Xallas gañaba pola mínima en Lamela e coa traxectoria ascendente que trae ameaza aos equipos que están en ascenso. Para día de reis quedan os partidos do Cee, na casa fronte ao Atl. Arteixo ás 17:00 e o Sp. Cambre-Dumbría ás 17:00 horas.

Lamela - Xallas (0-1)

  • LAMELA: Marcos, Figueiras, Jorge, Gelo, Luis Carlos, Nico (Otero, min.80), Adrián (Galego, min.65), Nando, Rencaño, Aitor e Neira.
  • XALLAS: Cheli, Isma, Iván, Alvaro, Pica, Ricardo (Brais, min.85), Rubén (Carteiro, min.93), Jesus, Ventura (Roberto, min.75), Toni (Adrián Prol, min.91) e Leo (David, min.9).
  • Árbitro: Amoestou aos visitantes Jesús, Ventura e Toni. Expulsou aos locais Luis Carlos (min.80) e Figueiras (min.75) e ao visitante Cheli (min.9).
  • Gol: 0-1, min.2: Toni
Un gol de Toni nada máis comezar o encontro dálle tres puntos ao Xallas que lle permiten seguir co soño do ascenso. O pinchazo dos dous primeiros clasificados coloca aos Xalleiros a tan só dous puntos do líder, aínda que o Cee ten un partido menos polo que podería asaltar ese liderado o día de Reis.

Zas - Estudiantil (1-3)

  • SP. ZAS: Luis, Peque, Mancebo, Nico (Borja, min.46), Luis Alvite, Fabián, Jorge, Esteban, Javi Suárez, Rubio e Pastor.
  • ESTUDIANTIL: Jose, Oscar, Fernando, David, Matute, Pablo Rivadulla (Moncho II, min.70), Adrian, Moncho (Camacho, min.45), Xurxo, Tarrio e Chenel (Ángel, min.75).
  • Árbitro: Suárez Lamas (A Coruña) Amoestou aos locais Luis Alvite e Mancebo; e aos visitantes Óscar e Xurxo.
  • Goles: 0-1, min.5: Adrian; 0-2, min.35: Pablo Rivadulla; 1-2, min.40: Javi Suárez; 1-3, min.65: Chenel.
O ano 2011 comeza tan mal como acabou o 2010 para os de Zas. Cun equipo plagado de xuvenís o Zas volveu  a caer na casa. Rubio puido poñer aos locais no partido, pois co marcador de 1-2 desperdiciou unha pena máxima. Ao final unha derrota máis que funde máis aos de Zas e lle complica moito a permanencia que esta, como mínimo, a 10 puntos.

Comentarios