O Zas vence ao Milagrosa e pon a Liga de Veteranos patas arriba para a última xornada


A Liga de Veteranos está impresionante a falta dunha xornada. Trala vitoria do Zas ante o Milagrosa (que viña de líder nas últimas xornadas), o Dumbría queda nun pantasma 1º posto, empatado co At. Milagrosa, polo golaveraxe individual. Pero o cadro dumbriés xa disputou os 28 partidos de Liga, e tócalle descansar na última xornada quedando sen opcións ao título pola presencia dun terceiro invitado á cea final: o Soneira, 3º a só 2 puntos dos líderes, e que recibe ao Milagrosa na última xornada.
Deste xeito, Soneira e Milagrosa xogaranse todo a unha carta na finalísima do Municipal de Vimianzo do vindeiro domingo.
A xornada tivo como protagonista á emotividade e todos os campos da liga de Veteranos da costa gardouse un minuto de silencio polo falecemento do Xogador Abdulaye do Muxía.
Sande marrou un penalti que pode valer unha Liga

- Partidazo da xornada: At. Milagrosa - Sp. Zas (2-3)

- At Milagrosa: Jorge, Óscar, Alexos, Alex, Castriño, Rodo, Marcos, Pichel, Carlos Rei, Sande e Caamaño. Tamén xogaron: Upi, Bryan, Pablo Couto, Lui e Jorge Amado.

- Sporting Zas: Elías, César Vermello, Jose, Chento, Álvaro, Roli, Dubo, Quintáns, Mario, Felipe e Pichín. Tamén xogaron: Adolfo, Emilio e Sergio.
- Goles: 0-1, m.8: Felipe; 0-2, m.35: Roli; 0-3, m.40: Dubo; 1-3, m.65: Caamaño; 2-3, m.85: Bryan.
O pasado domingo o At. Milagrosa ao non puntuar perdeu a oportunidade de proclamarse campión de liga de 1ª División nas Eiroas. Pero atopouse cun Zas que foi a por todas, e iso que sabían que non se xogaban nada, unha vez que eran coñecedores da vitoria do Soneira.
Así e todo, e sen nada que perder, foi unha gran primeira parte do Zas, na que puido marcar máis goles por medio do seu gran dianteiro Pichín, que foi o gran pesadelo da defensa do At. Milagrosa en compañía de Felipe.
Cambiou o guión na seguna e o Milagrosa pechou ao Zas na súa área. Sande e Bryan fixeron lucise ao meta zaense Sergio, antes de que Camaaño o superase e metese o 1-3. Con claro dominio do At.Milagrosa, a 15 do final, chegaba unha acción clave: penalti a favor do Milagrosa que Sande tira por riba do traveseiro. Un penalti que puido ter metido defintivamente ao Milagrosa no partido. Seguía empurrando o cadro carballés, pero Pichín facía dano á contra, e a pouco do final Bryan facía o 2-3 xa sen tempo para darlle a volta ao marcador. Destacar a gran deportividade en todos os xogadores, un exemplo para tanto nenos que estaban a ver o partido este domingo na Eiroas de Carballo.
O título de 2ª, tamén en xogo

A última xornada será tamén a que decida o campión de liga da 2ª División. Se ben Porteño e Club do Mar teñen asegurado o ascenso (cubrindo as prazas dos descendidos Laxe e Cabana), afrontan a última xornada cun só punto de diferencia.
O Porteño goleaba ao Cerqueda e o Club do Mar mantense na loita tras remontar nos últimos 10 minutos cos goles de Richard, de penalti, e de Ramos.
O domingo, o Porteño, se vence ao Poniente, será campión, e o Club do Mar terá que vencer ao Corcoesto (3º) e esperar un tropezo dos camariñáns.
Pensando na Copa
Xa está o Comité preparando a Copa da Costa de Veteranos 2016, e o fará cunha reunión o venres 29 de abril ás 21:30h no Local Social de Neaño, e Cabana.
Crónicas deste ano
- 9-03-16: O Milagrosa lidera unha Liga con 5 aspirantes.
- 13-01-16: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno.
Máis información en www.futboldacosta.com
Tempadas anteriores
- 15/16: Veteranos: O Coristanco cobrou a vinganza na Supercopa ante o San Román.
- 15/16: Os Veteranos xa teñen os seus calendarios con novidades.
- Copa 2015: O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos.
- Liga 2015: Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- 2014: O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- 2014: O Dumbría gañou tamén a Copa da Costa dos Veteranos, nun agónico final.
- 2013 – 2014: O Coristanco leva o título de Veteranos.
- 2013: O Coristanco alzouse coa Copa da Costa de Veteranos.
- 2012 – 2013: O Soneira celebra sen suar o título duns Veteranos que xa pensan na Copa.
- Copa 2012: O Corcubión sorprendeu ao Castriz e quedou ca Copa de Veteranos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Colabora Modesto Parga.