Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Olveira volve acoller unha proba do Calendario Galego de Slalom

Olveira volve acoller unha proba do Calendario Galego de Slalom
piraguismo dumbria

Un ano máis o Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira volverá a ser a sede dos Campeonatos Galegos de Slalom, a modalidade olimpica das augas bravas, confirmando o tramo do Río Xallas coma un dos de referencia para a práctica do Slalom de Augas Bravas en Galicia. Clubes de toda Galicia acudirán xa estarán a partir do sabado entrenando no Xallas pensando en mellorar o seu coñecemento do tramo de rio pensando na competición do domingo.

Entre os participantes do clube dumbries Iago Canosa parte coma favorito para facerse co Campionago Galego na categoría cadete, así coma Marco Oreiro e Laura Antelo teñen muitas posibilidades de subir ó podium. Nos casos de Aarón Nuñez, Xabier Trigo e Andrea Perez xa é a cousa muito máis complicada pero non imposible, pero máis no caso da mazaricana que ten lesionada unha mán e vai ser dúbida a súa participación ata o último minuto.

Entre os palistas que nos visitan, destaca a presencia da internacional Antía Loira do Piraguismo Valmiñor para facer se coa medalla de ouro no K1 senior femenino, ou de Mario Fontan, o palista do Baiona recien chegado dos mundiais sub 23 como claro favorito para o triunfo na canoa senior. Mais aberta vai a estar a categoría K1 senior masculino, onde o duelo entre Marco Gonzalez e o actual campeon galego Guillermo Martinez do CDM Teixugos promete unha das competicións máis animadas do fin de semáana.

Unha vez rematada a competición individual, arrancará a proba de patrullas, onde os equipos saen en grupos de tres palistas tratando de facer o percorrido no menor tempo posible e sin penalizacións. Esta espectacular proba se diputa únicamente nos Campeonatos Galegos.

Por clubes os gañadores deberían de saír da triada CdM Teixugos de Goian, CP.Baiona ou Clube Tea de Mondariz Balneario, sendo moi pouco probable que outro clube se cole nalgún dos escalóns do podium.

O inicio da competición está programado para as 11:00 da mañá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM PIragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.

Comentarios