mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os calendarios de Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com

Os calendarios de Cadetes e Infantís xa en www.futboldacosta.com

Xa temos practicamente todos os calendarios da campaña 2013-2014 en www.futboldacosta.com. Coa chegada cos calendarios da 1ª Cadete e da 1ª Infantil, xa compeltamos todas as categorías do fútbol modesto costeiro.

Repasamos os calendarios destas categorías.

1ª Cadete

Calendario 1 Cadete Gr.3 2013-2014

Con varias novidades na 1ª Cadete, Gr.3. Esta campaña, con respecto ao ano pasado, non competirán o Ponteceso nin o Porteño. No seu lugar, mantendo o número de equipos en 14, teremos ao Corcubión, que volve á categoría, e As Baleas F.S. que dá o salto aos cadetes.

Querrá volver a repetir a Esteirana a xesta do ano pasado, con 26 vitorias en 26 partidos. Pero en fronte, seguro que o Cee volve dar guerra. Todo buscando as dúas prazas que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega.

Iso si, a liga non empeza ata o 2 de novembro, terá parón de Nadal entre o 21 de decembro e o 11 de xaneiro, e parón de Semana Santa entre o 12 e o 26 de abril, e rematará o 17 de maio.

1ª Infantil

En infantís esta campaña temos 14 equipos, un menos que o ano pasado. O ascenso do Xallas de Santa de Comba á Liga Galega Infantil, deixa un panorama semellante, para que Cee, Esteirana, Baio e compañía disputen a única praza que clasifica para a Fase de Ascenso.

A temporada comeza moito antes, o 8 de setembro, cun parón en Nadal, do 22 de decembro ao 12 de xaneiro; un parón polo Entroido, entre o 16 de febreiro e o 2 de marzo; e rematará o 23 de marzo.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios