Martes. 10.09.2024
El tiempo

Os chicos do Volei Dumbría, clasificados para os Campionatos Galegos

Os chicos do Volei Dumbría, clasificados para os Campionatos Galegos
XUvenis do Volei Dumbria ante o Calasancias Xuvenís do Volei Dumbría ante o Calasancias Campionato Galego de Volei

Remataba nesta xornada a 2º fase da 1º División que dá paso aos campionatos galegos no que os equipos de Volei Dumbría conseguiron clasificar a todos os seus equipos.

Na categoría senior, a pesar da vitoria por 3-1 (19-25, 26-24, 30-28, 25-18) ante Calasancias nun partido igualado no que predominou o bloqueo dumbriés, o equipo clasificouse coma 2º o que provoca que o cruce cos de Boiro en semifinais que se dispute a fin de semana do 23-24 de abril.

Os xuvenís acadarón a 1ª posición do grupo cunha clara vitoria ante Calasancias 3-0 (25-17, 25-20, 25-12) con moita superioridade. Desta maneira este domingo xogarán ás 10:00h en Ourense as semifinais do galego ante o Emeve de Lugo e de vencer disputaran a final ás 19:00h contra o vencedor de Calasancias e Ourense. Este campionato é clasificatorio para o Campionato de España que se celebra en Almería do 27 de abril a 1 de maio./p>

Os infantís do Manuela Rial tamén se clasificaron coma primeiros pese a peder por 1-3 (25-12, 23-25, 15-25, 19-25) ante Calasancias grazas o set acadado. Cruzaran nas semifinais ante o Emeve de Lugo en Maio.

Os cadetes xa se clasificaran a semana pasada para o galego coma 2º e xogarán as semifinais ante Boiro.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios