Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei
Xornada repleta de partidos para a familia do Volei Dumbría a da pasada fin de semana. O clube dumbriés celebraba o Premio Nordés ó Deporte recibido o pasado venres día 20 cun total de 7 partidos repartidos entre o sábado e o domingo.
Infantil Masculino
Os Infantís do Manuela Rial, líderes da Liga Galega de de voleiO equipo do Colexio Manuela Rial Mouzo continúa invicto na 1ª división autonómica, a falta de 2 xornadas para rematar a primeira volta desta primeira fase da Liga Galega. Esta pasada fin de semana tería un dobre enfrontamento que solventarían cunha dobre vitoria.
O sábado desprazábanse ata Monforte para enfrontarse o Club Korbis nun partido que tiñan aprazado da xornada 2, e que finalizaría cun marcador de 0-3 con parciais de 21-23,8-25 y 9-25. O equipo da Costa da Morte sobrepoñíase as numerosas baixase botando man de xogadores de categorías inferiores e levarían o triunfo pola vía rápida. O primeiro set estivo marcado polos acertos no saque de ambos equipos, pero no 2º set os xoves xogadores do equipo dirixido por Luís Alberto Fernández, afinaron a súa recepción o que lles permitiu atacar con certa facilidade, e impoñerse cómodamente no resto dos sets.
O domingo recibían ó líder da liga, xa que ten un partido máis, o Calasancias da Coruña. De novo conseguirían a vitoria, pero esta vez nun apertado tie-break e logo de remontar un 0-2 en contra. O resultado final do encontro sería 3-2 con parciais de 14-25, 26-28, 25-22, 26-24 y 15-7. O partido comezou cun equipo visitante moi superior e co equipo local totalmente fora do encontro. No segundo set houbo unha notable melloría pero os nervios ó final de set fixeron que o gañara de novo o equipo coruñés, debido en parte á gran cantidade de erros non forzados dos rapaces do Manuela Rial. A partir de aí a igualdade foi a tónica dominante nun partido marcado pola gran igualdade entre os dous equipos e polos nervios en un e outro equipo, que fixeron que o número de erros fose totalmente desproporcionados para un partido entre 2 dos equipos da zoa alta da clasificación.
Infantil feminino
Debutaban as nenas do Colexio Manuela Rial na 2ª autonómica o sábado 21 ás 10 da mañá ante o Club Voleibol Boiro. E faríano cunha apertada derrota por 2-3 con parciais de 12-25, 23-25,18-25, 20-25 y 13-15. Tras un cómodo inicio de partido, as rapazas dirixidas por Gurutz Larrañaga empezarían a cometer moitos erros no saque o que facía que as boirenses se meteran no partido. A partir de aí moitos nervios neste debut na liga que fixeron que pouco a pouco as visitantes se fixeran donas do encontro. Foi no tie-break cando as xogadoras locais espertaban e ían por diante ó cambio cun parcial de 8-3, gracias ó acerto no saque de Clara de Ramón, pero que non superon administrar e os erros non forzados provocados polos nervios de final de partido fixeron que a vitoria marchara para Boiro.
Cadete feminino
Nova vitoria do equipo cadete de 2ª autonómica, a 4ª de maneira consecutiva, esta vez fronte o Ribeira Sacra de Monforte por un contundente 0/3 con parciais de 13-25, 18-5 e 21-25.
Parece que as xogadoras dirixidas por Gurutz Larrañaga estanlle collendo a medida a categoría e tras varias derrotas ó inicio da tempada, varias delas no tie-break, están empezando a xogar con certa tranquilidade e despregando o seu xogo de maneira eficaz. En Monforte a vitoria estivo baseada no acerto no servicio, que non deixaba atacar as locais, e no acerto en recepción que permitía atacar con certa facilidade, destacando as dúas receptoras Natalia Lado e Marta Cespón moi activas en defensa e ataque.
Cadete masculino
Vitoria no tie-break ante o Calasancias de A Coruña con parciais de 23-25, 23-25, 25-19, 25-17 e 15-6.. Nova vitoria do xoven equipo dumbriés que está formado na súa maioría por xogadores do equipo infantil. O partido estivo tolo e sen control dende un inicio. Os dous primeiros sets arrancaban co equipo local mandando no marcador dende un inicio, e que vían como se lle escapaba pola mínima na parte final do mesmo por unha serie de erros en recepción que non permitían atacar con facilidade. Unha vez solucionado estos erros o partido non tivo cor e caeu da man do equipo local, aínda que teñen que mellorar certas cousas para que non lle pasen factura ante equipos de maior nivel.
Xuvenil masculino
O equipo xuvenil sufriu a súa segunda derrota da tempada ante o Calasancias da Coruña na 1ª autonómica por un contundente 0-3 con parciais de 21-25, 23-25 e 26-28.
O equipo que nesta ocasión dirixía Gurutz Larrañaga, volveu a perder por 0-3 ante un equipo dos da zoa alta e que será un dos rivais a bater á hora de loitar polo título de Campión Galego. Esperemos que estas derrotas sirvan de revulsivo, e fagan entender a este grupo de xogadores que hai moito que traballar se queren acadar o obxectivo marcado ó inicio da tempada, que non e outro que estar presente no Campionato de España en Almería. Sen entrega e sen sacrificio non se poden conseguir resultados e vai sendo hora que volvan a estar comprometidos co proxecto inicial.
Senior masculino
Derrota do equipo de 1ª autonómica ante un dos favoritos para facerse co título ó final de tempada por 1-3 con parciais de 25-14, 16-25, 23-25 e 22-25. O partido estivo marcado polos numerosos erros en recepción que facía moi complicado anotar no k1 e que permitía ós coruñeses anotar con certa facilidade no seu k2.
Vindeira xornada
Este sábado día 28 dispútanse os seguintes choques:
- 10:00 1ª autonómica Cadete masclino Santa María del Mar - Voleibol Dumbría.
- 10:30 1ª autonómica Juvenil masculino Mariñas de Oleiros - Voleibol Dumbría.
- 12:00 1ª autonómica Cadete masculino Mariñas de Oleiros - Voleibol Dumbría.
- 13:30 1ª autonómica Infantil masculino Mariñas de Oleiros - Manuela Rial Mozo.
- 16:30 2ª autonómica Infantil Femenino IES Ames - Manuela Rial Mouzo.
E o Domingo día 29:
- 11:30 2ª autonómica Cadete Femenino Voleibol Dumbría - CV Pontevedra B.
Novas relacionadas
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Fonte
- Volei Dumbría.