Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os Infantís do Ponteceso disfrutan do Fútbol Sala Nacional

Os Infantís do Ponteceso disfrutan do Fútbol Sala Nacional
Os infantis do Ponteceso co Santiago Futsal-Foto-David Castro

Os infantís do Ponteceso SD, visitaron este venres o Multiusos Fontes do Sar para disfrutar da vixésima terceira xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala, no encontro que enfrontou ao Santiago Futsal e ao Colegio Arenas Gran Canaria.

Os rapaces tiveron a oportunidade de baixar a pista e poder fotografiarse con toda a plantilla santiaguesa antes do comezo do partido, ademáis de disfrutar dunha gran goleada do conxunto que dirixe Santi Valladares.

Santiago Futsal - Colegio Arenas Gran Canaria (6-0)

Choque do Santiago Futsal-Foto-David Castro
  • Santiago Futsal: Juanjo, David, Hamza, Eloy Rojas e Hugo (cinco inicial). Tamén xogaron David Pazos, Diego Quintela, Lucho, Pablo Tallón e Chus.
  • Colegio Arenas Gran Canaria: Dani Cabezón, Glauber, Lincon, Juanillo e Carlos Alberto (cinco inicial). Tamén xogaron Julio, Dani Laurino, Marc Areny, Campoy e Díaz.
  • Goles: 1-0, min.8: David finaliza unha xogada de estratexia. 2-0, min.29: Contragolpe levado por Barroso que cede para que David marque a pracer. 3-0, min.29: Roubo do Santiago en medio campo e Diego Quintela supera a Glauber sobre a liña de gol. 4-0, min.32: Eloy Rojas transforma un dobre penalti de maneira impecable. 5-0, min.37: Eloy Rojas quítalle as telas de araña a escadra da portería canaria cun gran disparo dende o punto de dobre penalti. 6-0, min.37: Gran pase de Chus que aproveita David Pazos para marcar libre de marca.
  • Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez do colexio castelán-leonés. Amonestaron aos locais Lucho, David Pazos e Hamza, éste en dúas ocasións, e aos visitantes Glauber, Marc Areny e Campoy.

Gran partido do Santiago Futsal, tanto defensiva como ofensivamente a pesar de que lle costou moito abrir o marcador.
Na primeira metade, o conxunto que dirixe Santi Valladares dominou a posesión ante un equipo que aguantaba as embestidas locais en campo propio, buscando o gol con balóns en largo, contragolpes e xogadas a balón parado.
As ocasións do Santiago sucedíanse unha tras outra pero o gardameta Dani Cabezón, o mellor dos canarios xunto con Glauber, evitou o gol de Eloy e Lucho, éste en dúas ocasións. Hamza estivo a piques de adiantar aos santiagueses pero non foi capaz de conectar co balón tras un pase de Hugo. Sería o gran capitán, David, quen poñería por diante aos brancos tras unha xogada de estratexia de libro. Ao cuarto de hora, Eloy Rojas poñería en apuros a Dani, que se tería que empregar a fondo para despexar o potente lanzamento do gaditano. Os gran canarios tan só aparecerían con dous potentes disparos de Carlos Alberto, o primeiro iríase desviado e no segundo salva Juanjo cunha gran parada cos pés.

Á volta dos vestiarios, os de Santi Valladares seguiron dominando e avisaría Eloy cun lanzamento cruzado que se vai desviado. No minuto 23, sería expulsado inxustamente Hamza tras recibir dous cartóns amarelos en un minuto, a primeira por cortar un contragolpe e a segunda por un error do colexiado xa que a falta pola cal o amonestaron, realizaraa o capitán David. Soupo defender moi ben o conxunto local durante os dous minutos que xogou cun xogador menos e non pasou demasiados apuros ante un Colegio Arenas coas ideas pouco claras co balón no seu dominio. Tan só Carlos Alberto probaría sorte en dúas ocasións que resolvería Juanjo de maneira impecable. Tras igualarse de novo as condicións, o Santiago volviu a coller o dominio e cerrou a goleada. Mediada a segunda metade, David completaba o seu doblete logo dunha espectacular contra levada por Barroso. Este gol fixo que Suso Méndez, adestrador do Colegio Arenas, tomase a decisión de vestir a Campoy como porteiro-xogador, feito que sentenciou o partido a favor dos locais. Tras un roubo en medio campo chegaría o terceiro, obra de Diego Quintela que supera a Glauber baixo os paus. Un minuto despois, David estivo a piques de certificar o hattrick pero o seu primeiro remate desvíao Dani e o seu segundo disparo vaise desviado. De novo sería protagorista o gardameta canario ao realizar unha gran parada logo dun potente lanzamento Diego Quintela. Eloy Rojas sería protagonista ao transformar de maneira impecable dous dobre penaltis. O encargado de cerrar a goleada foi David Pazos tras un gran pase de Chus.
Antes do pitido final, Juanjo con dúas grandes intervencións evitou o gol da honra dos visitantes, en primeira instancia tras un gran lanzamento de Juanillo e logo ao deter un dobre penalti lanzado por Díaz.

Antes do comezo do partido, o capitán e o presindente do Santiago fixeron entrega dunha camiseta a Santi Valladares como motivo do seu 50 aniversario.

Hamza do Santiago Futsal cos infantis do Ponteceso

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios