Os mellores corredores do panorama galego, no Ciclocross de Dumbría
Este sábado 28 de novembro e a partir das 14:45h, o Concello de Dumbría recibe aos grandes corredores de ciclocross do panorama Galego, non olvidemos que Galicia é a nivel desta disciplina unha das 3 grandes potencias de España. As categorias que participan son as seguintes: cadete, féminas, junior, élite sub 23, master 30, master 40 e master 50. Ademáis, e a nivel amistoso e fora de competición, a categoria infantil tamen pode desfrutar do circuito.
Dita competición forma parte do calendario autonómico de ciclocross, sendo a de Dumbría a 3ª, logo da que se celebrou en Santiago hai dúas semanas.
O Concello e o Club CIclista Dumbría compaxinan a organización sempre co apoio da Federación Galega de Ciclismo.
Lembran dende o Concello que en 2013 celebrouse en Dumbría o campionato Galego de Ciclocross, que tivo moi boas opinións dentro dos deportistas.
O circuito no que se desputa a proba, está situado nas instalacións deportivas do Conco, ten unha lonxitude por volta duns 2.400m. O número de voltas varia en función da categoria. Unha vez rematada a proba, o circuito permanece aberto para todas aquelas persoas que queiran facer uso do mesmo, ben sexa en bici ou correndo.
No referente a participación dos deportistas locais, en categoria cadete, Marco López, e un deportista en progresión, que a pesar de ser cadete de primeiro ano, xa ben realizando boas competicións, Vicente Formoso (Triki), e Jose María Romero, ambos en categoria master 40, aspiran os postos altos na clasificación, incluso Vicente Formoso con aspiracións de facer podium.
Tanto o Concello de Dumbría coma o club ciclista local, convidan os afeccionados o deporte en xeral, a desfrutar deste magnífico deporte e convivir cia natureza. A entrega de trofeos está prevista para as 18:00h.
Novas relacionadas
- Dumbría volve acoller unha proba da Copa Galicia de Ciclocross:./li>
- Decembro 2014: O dumbriés Marco López afianza o seu liderato no ciclocross galego.
- Decembro 2014: Dumbría consolídase no calendario do Ciclocross Galego.
- Decembro 2013: A tregua meteorolóxica permitiu un espectáculo de primeira no Ciclocross de Dumbría.
- Maio 2013: Pequenos e maiores, a dúas rodas polos montes de Dumbría.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).