Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os Miúdos desembarcan en Senegal

Os Miúdos desembarcan en Senegal
Os nenos, os máis ilusionados A veces olvidamos qué é en realidade o deporte. Actividade  máis social que física, ese compoñente de pegamento dunha sociedade desunida por natureza, sustituto bondadoso de guerras e enfrontamentos fraticidas, o deporte, o fútbol, é máis unión que separación. Por moito que lle queiramos ganar ó veciño de turno. Non nos enganemos. Necesitamos levarnos ben. Necesitamos uns dos outros para sobrevivir. Así, a partir desta necesidade primaria, foi como o árbitro senegalés Mar Thiaw, adscrito ó Colexio de Santiago, e que pita habitualmente na zona Sur da nosa Costa da Morte, comentou co presidente dos Miúdos, Vinto Tajes, a idea de cubrir a necesidade de nenos de Senegal en canto a material deportivo. Ahí estivo o xermen que puxo en marcha a maquinaria. Vinto é ben coñecido pola súa labor desinteresada en axuda dos que o necesitan, ben sexa en Cáritas ou noutras entidades, e en seguida se puxo mans á obra. Así nacerá en breve o Os Miúdos Dakar Yoff. Na localidade de Yoff, case que un barrio de Dakar próximo ó aeroporto, cunha población duns 90.000 habitantes e construída ó longo dunha inmensa praia, hai ganas de fútbol. Pero as necesidades de material son moitas. E Os Miúdos cubrirán estas necesidades, con envío de material deportivo e roupa, en principio camisetas do club para todos os nenos, e balóns para que poidan xogar. Nun futuro incluso se prevee o envío de material escolar.  Vinto, sempre impulsor de iniciativas O club ten xa medio centenar de xogadores, ilusionados coa posibilidade de tender pontes con algo tan lonxano para eles como pode ser Muros. A saber o que construirá a imaxinación deses raparigos sobre a terra prometida, ese Muros lonxano onde o fútbol é relixión, esa Costa da Morte de nome perigoso pero corazón bondadoso. Vinto fala que teñen en mente poder viaxar a Senegal, e que os nenos senegaleses poidan vir a Muros. O fútbol é a excusa, o aprendizaxe e a búsqueda de felicidade dos nenos é o fin. A escola de fútbol ten xa máis de 50 nenos

Comentarios