Os pequearqueiros de Vimianzo triunfaron no Campionato Galego
Non paran os pequenos arqueiros e arqueiras do Dousxsetenta. Participaron esta pasada fin de semana no Campionato Galego de Sala 2015 que se celebrou este sábado no pavillón da Universidade de Elviña, na Coruña. E os nosos tiveron unha gran actuación, con varios campionatos.
En categoría esquío María Lema proclamouse campiona feminina, mentras que Anxo Trillo foi 1º e Dylan Ramirez 2º en masculino. Na categoría benxamín feminina as nosas arqueiras repartíronse o podio: Paula Vázquez repite e volve a facerse co campionato, seguida de Paula Pérez, 2ª e Marian Hermida, 3ª. En benxamín masculino houbo máis competencia, e Yago García ocupou o 3º posto, mentras que Martín Pérez foi 4º, Samuel Blanco 5º e Brais Méndez.
Na categoría alevín feminina Laura Ramos proclamouse subcampiona despois dunha reñida loita coa terceira clasificada. O mellor clasificado dos nosos en alevín masculino foi Adrián Sampedro - 6º, seguido de José Vázquez - 7º e Rafa Martínez - 8º.
Vindeira proba
Agora toca seguir adestrando para preparar o Galego ao Aire Libre.
Novas relacionadas
- Unha homenaxe virtual aos outros deportes da Costa da Morte.
- Os arqueiros de Vimianzo aproban con nota o previo ao Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala.
- Os pequearqueiros de Vimianzo demostraron o seu potencial no Campionato Galego.
- Os miniarqueiros de Vimianzo con arcos novos.
- As miniarqueiras irmandiñas de Vimianzo seguen crecendo.
- Vimianzo ten canteira de arqueiros.
- A Costa da Morte envía aos seus mellores xogadores de Dardos ao Campionato Galego.
- Os arqueiros de Baio e Vimianzo cólanse entre os mellores de Galicia.
- Vimianzo volveu sacar os arcos de Dousxsetenta en Silleda.
- Retrato de dúas familias de arqueiros.