Os pequenos atletas do Olimpia ródanse en Ribeira
A Asociación Deportiva Olimpia de Cee estreouse cunha salientable participación dos seus atletas na primeira xornada do Campionato Comarcal de Pista, celebrado este pasado sábado 6 de abril en Ribeira. Contando coa participación nas categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculinas como femininas. 11 atletas da escola de Atletismo Olimpia Bazarra, participaron en diferentes probas.
A boa actuación dos atletas acércaos a fase Provincial para a cal deberán confirmar o seu pase na segunda fase comarcal que se celebrará o vindeiro día 20 de abril na Pobra do Caramiñal. Ao finalizar esta fase colleranse os 16 mellores resultados de toda a Provincia da Coruña en cada proba acadaran o pase o Campionato Provincial.
O director técnico da escola Jorge Lariño, móstrase optimista en canto a posible clasificación de varios dos seus atletas as probas comarcais, e lémbranos que o obxectivo principal destas probas é que os rapaces e rapazas entren en contacto coas competicións en pista, que coñezan máis este deporte e gocen do mesmo; e se a maiores disto conseguimos clasificarnos para os Provinciais pois suporá un premio para todos.
Estes foron os participantes en Ribeira:
- Minerva Lago: 50 m. e 1000 m.
- Aalyah Louro: 50 m. e 500 m.
- Samuel Canosa: 50 m. e 500 m.
- Inés Vázquez: 60 m. e 500 m.
- Lucia Suárez: 60 m. e 500 m.
- Marta Souto: 60 m. e 500 m.
- Ismael Agulleiro: 500m. lonxitude.
- Xan Insua: 60 m. e 500 m.
- Erica Domínguez: 80 m., 80 m. vallas e lonxitude.
- Elena Carreira: 80 m., 1000 m. e lonxitude.
- Elian López: 150 m., 500 m. e lonxitude.
Novas relacionadas
- Un ceense e unha vimiancesa entre os mellores do Cross galego.
- Dous atletas do Olimpia proclámanse campións da zona.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
Fonte
- Nota de prensa do Olimpia.