Alejo do Corme, Miguel do Mazaricos, Peipo do Lira e Cristian do Ameixenda, recibirán un trofeo na Gala do Fútbol da Costa - QPC como pichichis e Zamoras das Ligas da Costa
Xa temos os datos analizados dos máximos goleadores e porteiros menos batidos da 2ª e 3ª Galega do Futbol da Costa. Xa temos os primeiros nomes que subirán ao estrado da IV Gala do Fútbol da Costa - QPC o vindeiro mes de xuño (da que pronto teredes amplas novas).
Alejo, pichichi con historia da Liga da Costa
Xa coñecimos que
Alejo se convertía no 2º máximo goleador da Liga da Costa con 56 goles, cunha ampla vantaxe sobre un MC que se convertía no 3º pichichi da historia desta 2ª.
Miguel, o seguro do Mazaricos
Os datos do Zamora da Liga da Costa deixan a Miguel, meta do Mazaricos, como o pichichi do curso. O cadro amarelo foi o conxunto menos goleado con diferencia, pero houbo que contar moitas cousas, unha vez que o cormelán Suso, encaixou só 19 goles no que vai de campaña, pero en só 23 partidos, non os suficientes para contar para estes premios (ten que superar o 75% dos partidos).
Deste xeito, Miguel, con 24 goles encaixados en 29 partidos, ten unha media de 0,83 goles/partido, polos 1,25 goles/partido que suma Javi Souto, porteiro do San Lorenzo, con 40 goles en 32 partidos.
Peipo, zamora da 3ª
Algo parecido sucede na 3ª, onde o porteiro menos goleado (e máis goleador cun tanto no seu haber) é Santi Papi. O muxián (o equipo campión foi o menos goleado con diferencia) recibía 10 goles pero en tan só 18 partidos (o 67% dos partidos totais). Deste xeito, Peipo, porteiro do tamén ascendido Lira, é o porteiro menos batido, con 26 goles en 23 partidos (1,13 goles/partido) con moi pouca vantaxe sobre Guille, do Nantón, con 30 goles encaixados en 30 partidos (1,20 goles/partido).
Cristian arrasa no pichichi da 3ª
Non deu opcións o ceés do Ameixenda Cristian. 22 goles dan boa conta da súa afinidade co gol, e da dependencia do seu equipo. Por detrás quedaron muxiáns, cabaneses, muradáns, lirachos…
Novas sobre os Pichichis 16/17