Os Piratas de Caldebarcos puideron coa Selección da Costa en Lombáns


O campo de Lombáns, en Carnota, acollía o Torneo de Fútbol 7 organizado pola ACDR O Patín. 21 equipos de toda a zona participaron e mesmo unha seleccións dos mellores xogadores da Costa que militan en categorías superiores o fixeron. Puidemos ver por Lombáns figuras do fútbol costeiro como Noé, Oscar Lamagia, Cabrejo, Llanero, Vía Rápida, Taski, Míchel... e un longo etc.
Finalmente foron os de Caldebarcos, os do Bar Pirata, os gañadores. Estes venceron na final precisamente á Selección da Costa, baixo o nome da Casa da Crega.
Nada menos que 4-1 lle endosaron os carnotáns aos figuras da Costa, cadro no que destacaron o porteiro e o xuvenil do Unión, Brais.

3º foron os Pastelería Silvia de Cee, que vencían por pelantis no 3º 4º posto ao Pizzería Mamma Mía de Zas, tras un igualado 2-2.












Campionato de Barrios de Esteiro
E seguen en marcha o XXXV Campionato de Barrios. E segue igualadísimo, con Ciclóns e Independente no máis alto. E ollo, que a vindeira xornada.... CICLÓN'S - Independiente.
Estes foron os resultados da Xornada 8.
- Carallo Santo 5 - Praias 3.
- Cánchester 0 - Abelleira 3.
E esta é a clasificación:
- 1. Ciclón's, 12 puntos.
- 2. Independiente, 12 puntos.
- 3. Abelleira, 9 puntos.
- 4. Cánchester, 7 puntos.
- 5. Carallo Santo, 6 puntos.
- 6. Tal, 1 punto.
- 7. Praias de Raimundes, 0 puntos.
Novas relacionadas
- O Corme segue buscando apoios para a súa proposta de ascenso.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia.
Máis torneos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Jorge Parri.