mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Sénior do ACB xa saben gañar

Os Sénior do ACB xa saben gañar
Seniors do ACB Os Seniors do ACB gañaron o seu primeiro partido

Primeira vitoria do curso para os Sénior do ACB Costa da Morte, nunha fin de semana con boas vitorias dos e das Júnior e unha dura derrota das sénior ceenses nun choque que tiñan dominado.

Polo demais, a familia Artai tiña unha boa vitoria na base, con 9 partidos, e 6 vitorias, sendo unha das derrotas en Cee. O Carballo a un paso deixaba escapar a vitoria nos últimos minutos en Lugo.

Familia AC

3ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - IDEFIC IMATIA (41-34)
  • PARCIAIS: 9-6 / 6-9 / 14-13 / 12-6.
  • ACB: Manu (10,1T), Tinín (8), Iván Guerra (4), Déril (13), Jose (2)- cinco inicial - Sergio (2), Alfredo (2) e Nefri.

Os sénior conseguiron a primeira vitoria da temporada ante o duro equipo coruñés de Idefic. Regular partido dos maiores, que tiñan as baixas de Pais, Diego e Gonzalo por lesión e que na tarde do domingo se enfrontaban a un equipo moito mais físico e que esta nos postos altos da competición pero grazas á extraordinaria labor defensiva de todo o equipo conseguiron deixalos en só 34 puntos, con só seis puntos no período decisivo.
Bo inicio dos de Cee que conseguirían unha vantaxe de 6-0 nos primeiros minutos grazas a paciencia ca pelota e a boa circulación. No segundo período e pese as moitas perdas de balón a defensa seguía ben colocada e se chegaría ao descanso con táboas no marcador.
No terceiro, intercambio de canastas entre os dous equipos foi constante e se chegaría o decisivo ultimo cuarto con todo por decidir. Ai foi onde as gañas de vitoria dos censes se notaron e o acerto de todo o equipo nos últimos minutos dende a liña de tiros libres e a dura defensa lle darían e primeira e merecida vitoria da temporada.

 

2ª División Sénior Feminina

  • Resultado: ES BAZARRA COSTA DA MORTE - CB CAMBRE (39-52)
Dura derrota das sénior na tarde do sábado. As censes xogaban contra Cambre e desde o inicio dominaron o partido, a boa circulación de balón e a boa defensa lle deron unha vantaxe de dez puntos ao descanso. O medio centenar de asistentes gozaban dunha boa tarde de baloncesto, a vitoria parecía segura, as censes gañaban por quince puntos a falta de minuto e medio para o derradeiro cuarto cando se produciu a traxedia, un incrible parcial de 0-17 nun minuto, onde as visitantes anotaron 4 triplos consecutivos dou a volta ao marcador e ao partido. No último cuarto as de Cee intentaron reaccionar pero as de Cambre, crecidas polo incrible acerto no tiro seguían en graza e acabarían por anotar 9 triplos en total facendo inútil a tentativa de remontada. Merecida derrota nun partido que tiñan no peto e que pon de manifesto a gran igualdade entre todos os equipos da categoría.

 

2ª División Junior Masculino

  • Resultado: CE CUME CEE - BALONCESTO ARTAI (60-36).
  • CE CUME: Adrián (27,2T), Diego (4), Cristian V (3,1T), Nando (10), Cristian M (8), - cinco inicial - Xabi (2), Luci (6), Fran e Carlos.
  • CB ARTAI: :Marcos 6 Iván, Santi Rey 8, Santi Pena 4, Nión 7, Pozas 2, Yago 2 e Fran 7.

Bo partido en liñas xerais do equipo ceense que grazas a un perfecto primeiro cuarto no que endosaron un parcial ao cadro carballés de 20-2. Pésimos primeiros minutos dos carballeses que viron como os ceenses acabarían levando o partido a pesar dunha igualada segunda parte, onde se dedicaron a adestrar situacións de ataque contra zona, defensa que se lles viña atascando nos últimos partidos.
O equipo júnior ceense acaba a primeira volta con catro vitorias e tres derrotas, situados na zona media da táboa, sendo capaces de amosar moi boas maneiras por momentos e intentando conseguir unha maior regularidade para os próximos partidos.

 

2ª División Junior Feminino

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - SANTO DOMINGO DE BETANZOS (58-48)

Espectacular partido e xa van cinco as vitorias consecutivas do júnior que se manteñen na cabeza da categoría. As de Betanzos non o poría fácil baseadas nunha dura defensa que lles valeu so para aguantar o primeiro cuarto. A partir de aí as de Cee arrancaron a maquinaria anotadora e como consecuencia dunha enorme facilidade para anotar se levarían o partido merecidamente. Seguen sumando e lideran a clasificación en solitario unha semana mais.

 

Resultados da base

  • Infantil masculino: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – BASQUET CORUÑA 02: (19 – 70) .
  • Infantil Feminino: CD LOS ROSALES - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (38-48)
 

Carballo Basket

1ª Autonómica Masculina

  • Resultado: Estudiantes de Lugo Leyma Natura - Carballo a un paso (61-59).
  • Carballo a un Paso Basket Xiria 59 (13+22+11+13) Anotadores: Héctor (20); Sergio Tomé (11); Roi (6); Tato (10)-Cinco Inicial-Javi Argüelles(6); Fran Cristóbal; Luis Gómez; Pablo Moreira (6).

Varios erros no último minuto dos carballeses nun final apretadísimo permitía aos lucenses sumar unha vitoria. Foi un choque estrano por parte de ambos conxuntos, con mutuo intercambio de erros e canastras. No segundo cuarto os de Basilio Pampín dominaron o rebote defensivo cunha férrea defensa que unida a unha boa cirulación de balón acadase unha diferencia a favor para irse ó descanso de 5 tantos 30-35. Un mal terceiro cuarto cun baixón defensivo e numerosas faltas danlle os lucenses a máxima vantaxe cerrando o cuarto en 56-49.

Se o último cuarto foi de cor carballesa, as últimas accións non foron acertadas. Con empate a 59 a falta dun minuto para o fin, no seguinte ataque os nosos erran o tiro pero quedanse co rebote ofensivo que acabou en falta persoal levandonos á liña de tiros libres, errando as dúas ocasións de porse por diante no electrónico, na seguinte posesión o conxunto estudiantil anota a súa única canastra do cuarto deixando unha posesión para os carballeses que erran a canastra que lle daría o empate, quedándose o electrónico no derradeiro 61-59.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • ACB Costa da Morte, Basket Xiria e Artai.

Comentarios