Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico

A única vitoria da xornada (pero que vitoria!!) da familia do Voleibol Dumbría, na súa visita a Lugo foi a dos seniors de 2º A. I é que falamos de que foi un enfrontamento ante un dos grandes equipos de volei de Galicia, como é o Emeve.

Os dumbrieses non cederon, e venceron por 0-3 (14-25 / 20-25 / 22-25) nun partido dominado en todas as facetas do xogo. O primer set foi de clara superioridade para os da Costa da Morte, e nos seguintes set aproveito para dar paso os menos habituais que superon sacar o set adiante. O único momento de igualdade foi no tercer set nun empate a 21 onde a raíz dun tempo morto pedido polo adestrador dumbriés para rematar o set.

No resto de partidos derrotas das cadetes, das infantís e dos infantís en tres set ante os equipos de Lugo que, hai que recordar, lideran as Ligas galegas, e son unha das canteiras máis prolíficas de Galicia.

Vindeira xornada

Este sábado 7 de febreiro, a xornada xógase no Conco:

  • 17:00h - Xuvenil masculino: Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • 17:00h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • 18:30h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - CV Pontevedra.
  • 18:30h - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - Calasancias.
  • 20:00h - Infantil femenino: Manuela Rial - Calasancias.
  • 20:00h - Infantil masculino: Manuela Rial - Calasancias.

Crónicas da temporada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).