A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría


O equipo sénior e xuvenil está a notar a baixa do seu colocador, Manuel Marcote, no xogo do seu equipo e este domingo volveron a perder por 1-3 (17-25, 25-18, 15-25, 18-25) ante o equipo de Boiro. Os dous primeiros sets foron igualados so collendo ventaxa os de Boiro no primeiro e os de Dumbría no segundo nos derradeiros puntos. Nos últimos set o número de errores dos de Voleibol Dumbría foron excesivos para poder facer frente o equipo contrario.
Os mellores resultados viñeron da man dos cadetes de Voleibol Dumbría que venceron a Boiro por 3-1 (25-17, 25-13, 21-25, 25-22), un equipo que viña invito ata esta xornada e ademais venceron o sabado a Narón por un clarisimo 3-0.
Estrearon tamén o seu taboleiro de vitorias os Infantís do Manuela Rial ante Boiro por 3-0 (25-23, 25-21, 25-5) nun partido no que os locais pese a ser superiores os erros cometidos levaron a uns sets moi axustados. No terceiro o xogo mellorou e acadaron a vitoria pola vía rápida.
Quedan por contar as derrotas das infantís do Manuela Rial ante Zalaeta 0-3 (11-25, 11-25, 8-25) moi superiores no servicio e dos xuvenís do Voleibol Dumbría ante Boiro por 0-3 (17-25, 23-25, 23-25) aínda que foi un partido moi disputado pese as ausencias de varios xogadores.

Vindeira xornada
Estes son os horarios para os choques do Conco deste sábado 6:
- 16:00h - Infantil femenino: Manuela Rial - Monforte.
- 17:30h - Infantil femenino: Manuela Rial - Cambados.
- 17:30h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Monforte.
Novas relacionadas
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
Fonte
- Volei Dumbría.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).